Deportes

Nova pista de ‘surf skate’ en Patos

Poderá ser empregada por bicicletas, skates, scooters e rollers

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha axuda ao Concello de Nigrán, por valor de preto de 40.000€, coa que poderá facer fronte á dotación dunha pista de surf skate que se instalará na contorna da praia de Patos.

Estes recursos pertencen ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dotado de 4 millóns de euros para todos os concellos da provincia (59) con número de habitantes inferior a 50.000. Así, o Concello de Nigrán recibirá un total de 39.161,31 € para dotar a vila desta nova infraestrutura, que se situará na parcela que actualmente ocupa o aparcadoiro e o parque con bambáns.

A mesma poderá ser empregada por bicicletas, skates, scooters e rollers para a práctica destes deportes «creando un espazo público de calidade que non modifique a contorna». A maioría das medidas dos elementos serán axeitados para todas as idades e niveis, pero con algúns obstáculos para practicantes de nivel máis avanzado que poderán empregar a medida que vaian ascendendo.

Levar o surf ao asfalto

O obxectivo do surfskate é levar os movementos e as sensacións do surf ao asfalto, empregando un skate
cuns eixes que simulan o movemento fluído dunha táboa de surf nunha onda. A pista estará deseñada enforma de anel pechado para o seu uso simultáneo por parte de varios usuarios, cun lado recto con curva de 2,4 e 7 metros e outro máis sinuoso con curvas de 2,4 e 2,4 metros, de carácter máis técnico.

Toda a instalación construirase en asfalto e toda a zona de rodadura e mais as plataformas terán transicións curvas de xeito que os movementos sexan continuos e fluídos.

Plan de Infraestruturas Deportivas

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación mobilizou ata o momento máis de 2,7 dos 4 millóns de euros do orzamento total, con achegas para Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, A Estrada,
Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Mondariz,
Mondariz-Balneario, Moraña, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, O Rosal, Rodeiro, Ribadumia, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.