Destacados Vigo al minuto

O BNG leva ao Congreso e Senado o aumento urxente das frecuencias do tren Vigo-Santiago

«Mercar un billete estase a converter nunha odisea e unha carreira de obstáculos»

 O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar iniciativas de urxencia nas Cortes do Estado ante a falta de prazas na conexión ferroviaria do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago. Unha situación, sinalan os nacionalistas, que «se agrava co fechamento por obras do aeroporto de Vigo e a derivación dos vos ao de Santiago de Compostela (SCQ)«. Así mesmo, o BNG demanda ao Ministerio de Transportes e a RENFE que actúe con maior planificación e non de forma reactiva ante os problemas.

Grave insuficiencia de prazas

A falta de prazas na conexión do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago é un dos problemas máis denunciados recentemente e que imposibilita a mobilización e os traslados ferroviarios de moitas persoas pola insuficiencia de prazas. De facto, son frecuentes as queixas de usuarios e usuarias do ferrocarril na Galiza por ete motivo, ademáis de retrasos, incidencias, masificacións ou avarías.

«Son reiteradas as ocasións en que o BNG se ten dirixido ao Ministerio de Transporte para que resolva todos estes problemas con determinación e non con parches» sinala o deputado do BNG no Congreso. De facto, Néstor Rego lembra que todas as actuacións que a día de hoxe se están levando a cabo son debido ao acordo de investidura conseguido polo BNG e exemplifícao na recuperación a case 100% dos servizos ferroviarios que foron eliminados durante a pandemia.

Mais o Ministerio de Transportes, subliña Rego, sabe desde hai tempo que os servizos ferroviarios da conexión Vigo-Santiago están masificados e precisan de máis prazas e frecuencias debido á alta demanda existente. «O desequilibrio entre a oferta e a demanda é unha constante desde hai tempo e aínda non se abordou a pesar das reivindicacións das plataformas e asociacións de usuarios de tren» denuncia Rego.

Resposta inmediata ante o fechamento do aeroporto de Peinador

Esta situación estase a converter en máis caótica debido ás obras que se están a producir no aeroporto de Vigo e a derivación do tráfico aéreo ao aeroporto de Santiago de Compostela. «Mercar un billete estase a converter nunha odisea e unha carreira de obstáculos. Os trens desde Pontevedra e Vigo a Madrid están saturados e os prezos multiplicáronse por tres desde a clausura de Peinador e as ofertas de lanzamento dos trens Avril» enfatiza a senadora do BNG.

Carme da Silva defende, tal e como rezan as iniciativas rexistradas polo BNG no Congreso e no Senado, unha planificación dos servizos ferroviarios e convida a entidade pública RENFE a non actuar de forma reactiva ante os problemas. «Deben incrementar as prazas e as frecuencias do Eixo Atlántico, así como os servizo de tren de largo recorrido a Madrid. Máis se cabe cando o aeroporto de Peinador de Vigo permaneza pechado» sentenza a senadora nacionalista.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.