Cultura Música y Cine

Arranca este xoves a ‘previa’ do Festival de Cans

Como ‘aperitivo’ do seu comezo o vindeiro martes, día 21

Arranca este xoves a 'previa' do Festival de Cans

O Festival de Cans xa está a quentar motores para o seu comezo  o próximo martes 21 e nesta fin de semana longa contará con actividade cinematográfica, artística e musical previa ao inicio oficial do evento.

Así, este xoves, día 16, ás 19,00 horas comezará a acción coa proxección da longametraxe “After”, de Anthony Lapia, un dos realizadores da produtora francesa Société Acéphale que será a gran protagonista da sección Foco Internacional de Cans este ano, coa presenza de diversos realizadores, actores e produtores deste prestixioso colectivo francés. Lapia presentará o filme por videoconferencia, antes da chegada ao festival, prevista a vindeira semana.

Pouco despois da proxección de “After”, ás 21,00 horas no Café & Brunch Saborearte do Porriño a inauguración de exposición “Deseñar Cans”, que reúne por primeira vez os cartaces, folletos de man e publicacións realizadas polo Festival de Cans durante os seus 21 anos de historia. Entre estes deseños atópanse os de Rei Zentolo, Juancho Deseña, Nikis Galicia, Silvia Lorenzo e Estudio Magenta.

O sábado 18, Foco internacional, debuxos de cine no Círculo Recreativo e música de Cora Sayers

O sábado 18 as 18:00 horas terá lugar no Centro Cultural Municipal a estrea en España do filme “Deixa que pase algo” de Mathilde Girard, tamén dentro do marco do Foco Internacional adicado ao colectivo Societé Acéphale, que estaran presentes nos días do festival en diversos coloquios co público, e nunha retrospectiva das súas curtas.

Tralo remate do filme, ás 20,00horas, o Círculo Recreativo e Cultural acollerá   a inauguración doutra das mostras máis interesantes desta edición do festival. Trátase de “Reservoir Cans” de Carlos Lago, coñecido como O Terser Home. Lago é realizador de videoclips e pintor e neste proxecto parte da súa pasión polo cine negro para misturar ámbalas dúas disciplinas, facendo retratos de diversos homenaxeados co Premio Pedigree de Cans e de actores e actrices que habitualmente pasan polo evento como María Vázquez, Luis Zahera, Carlos Blanco ou Janet Novás. Algúns deles estarán presentes na inauguración.

Despois terá lugar o concerto que promove o Círculo Recreativo para dar a benvida á nova edición do Festival de Cans. Na terraza desta institución terá lugar a actuación musical de Cora Sayers, alter ego de Cora Velasco, que desenvolve dende o ano 2014 unha interesante carreira como cantante.

Entradas esgotadas para a sesión de ‘Tarde de Ficción e Animación’ e para Susana Seivane

No que se refire as entradas, a venda online quedará pechada nos próximos días. Están esgotadas as entradas para os concertos no Invernadoiro de Susana Seivane e  piques de esgotarse as de Su Garrido Pombo.

En cuanto ás entradas para as proxeccións das curtas, esgotáronse as de sesión de tarde de’ Ficción e Animación’ e quedan menos de 50 para a sesión matinal nesta categoría. En ‘Non Ficción (Furacáns)’ quedan menos de 20 para a sesión matinal e menos de 60 para as de tarde. As entradas poden atoparse en https://tenda.festivaldecans.com.

Longametraxes Société Acéphale

Xoves 16 | 19:00h | Centro Cultural do Porriño
AFTER‘, Anthony Lapia
Francia | Francés | Subtítulos en español | 2023 | 70 min

Sábado 18 | 18:00 h | Centro Cultural do Porriño
QUE QUELQUE CHOSE VIENNE‘, Mathilde Girard
Francia | Francés | Subtítulos en español | 2023 | 70 min |
Estrea en España

También te puede interesar