Comarcas

Oitocentos sesenta deportistas mergúllanse no patrimonio natural de Mondariz

Participando no Trail Orixes

Oitocentos sesenta persoas inscritas e unha lista de espera de máis de cen deportistas é o balance que fai a día de hoxe a Asociación Deportiva de Mondariz encargada da organización  do Trail Orixes de Mondariz.

Cinco probas

Cinco probas nas que facer deporte mergullados no patrimonio natural, histórico e etnográfico atraen cada ano a máis participantes. Un esforzo organizativo que conta coa colaboración de 150 voluntarios que este sábado día 4 farán de Mondariz o epicentro do trail.

Así as persoas interesadas puideron inscribirse na andaina Peketrail de 12 km; na de 600 de 14 km; na 1.300 de 26 km; na 2.300 de 40 km ou na 3.300 de 60 km.

Ademais, Trail Orixes Mondariz é unha proba de montaña que discorre neste concello e chega ata Covelo, na súa parte máis alta, por onde pasa o Ultra Trail que chega á extrema do límite co concello de Fornelos de Montes. Así, percorre os vales e os ríos de Mondariz pasando por puntos de alto interese histórico e grande valor medioambiental.

Sendeiros

Sinala a organización que unha das características que máis gusta aos e ás corredoreas é que a maior parte do trazado é por sendeiros, rodeados en todo momento por flora autóctona e extensas carballeiras. Outro motivo que atrae a tantas persoas é a súa variedade en canto ao terreo ao pasar nas zonas baixas por sendeiros intercalando zonas abertas de alta e media montaña no caso da maratón e da ultra trail.

Campionato Ultra de Montaña

Este ano a organización salienta que a Ultra Trail forma parte do Campionato Ultra de Montaña da Xunta de Galicia de carreiras da Federación Galega de Montaña e de aquí sairá o campión e campioa galega de Ultra Distancia. Ademais, nesta proba estableceranse criterios de selección para o campionato de España que se celebrará nun mes en Somiedo (Asturias).

As e os mellores especialistas en Ultra Distancia de Galicia estarán nesta proba así como no resto das propostas de maratón, ultra e mini trail. A outra parte salientable da participación é o incremento do número de mulleres pasando do 19% de participación feminina na primeira edición a máis do 30% no día de mañá. Tamén cabe sinalar o importante número de deportistas que veñen de toda Galicia, de Castela e León, Madrid, de Cataluña, País Vasco, Canarias así como Portugal, Francia e illas de Oceanía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.