Galicia

Demandan ao novo conselleiro de Sanidade unha solución pola falla de médicos en Teis

Polas tardes tería que haber 9 e só hai entre 3 e 4

Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito, o pasado 24 de abril, a Antonio Gómez Caamaño, o novo conselleiro de Sanidade, para trasladarlle a «preocupación e indignación» dos veciños pola falta de persoal no centro de saúde, demandando solucións.

Unha terceira parte dos médicos que debería ter

Dende a asociación subliñan que o centro de saúde, que debería ter 9 médicos polas tardes só conta con entre 3 e 4, desde o pasado mes de novembro. «En decembro, trasladámoslle este situación por carta o anterior conselleiro pero, logo de 4 meses a situación do centro de saúde segue sen solucionarse».

Un mes para facer unha análise de sangue

Está falta de persoal, sinalan dende a Asociación Veciñal, «provoca que cando solicitas cita para o médico sexa para dentro de 15 días ou que as urxencias sexan derivadas o PAC. Ademais, de sobrecargar de traballo ao médicos que están polas tardes.»

Ademáis, «agora sabemos que un veciño solicitou no centro de saúde, o pasado 26 de abril unha análise de sangue e que teña cita para o 30 de maio, un mes despois. Algo que antes non acontecía.

Os responsábeis veciñais denuncian o «deterioro da atención sanitaria en Teis», que non pode prolongarse no tempo, «como acontece xa noutros centros de saúde do noso país«. Así, subliñan que é prioritario ter unha sanidade pública de calidade, «e non imos aceptar recortes no persoal do centro de saúde».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.