Galicia

Galicia rexistra o maior descenso do Estado no número de nacementos nos primeiros meses do ano

A maioría das novas nais ten entre 30 e 39 anos

Galicia rexistrou 2.170 nacementos os dous primeiros meses deste ano, ademais dun descenso do 2,2% é o peor dato de todas as comunidades autónomas do Estado, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola contra, a media española aumenta un 2,8% e só Extremadura (cunha caída do 0,8%) e Andalucía (-0,57%) presentan descensos no número de recen nacidos.

Idades das nais

Polo que re refire ás idades das nais galegas, segundo o INE, a maioría (721 delas) tiñan entre 35 e 39 anos; 659 estaban no grupo de 30 a 34 anos; de 25 a 29 anos foron 346 e de 20 a 24 anos, 110.

Tamén houbo 276 partos de mulleres de entre 40 e 44 anos de idade; 19 nais que tiñan entre 15 e 19 anos e 4 que superaban os 50 anos.

Mortes

Polo que se refire aos falecementos, nos primeiros tres meses do ano morreron en Galicia 9.256 persoas, un 0,95% menos que no primeiro trimestre de 2023. Trátase dun descenso inferior á media do Estado, que é dun 1,40%. A maioría das finadas foron mulleres: 4.722 fronte a 4.534 homes.

Esperanza de vida

Na actualidade, segundo os datos estadísticos, a esperanza de vida dos galegos é de 83,85 anos, aínda que hai diferencias importantes entre homes e mulleres. Elas viven máis, en concreto, de media, chegan aos 87 anos, mentres que eles no superan os 80,7 anos.

Lugo, a cidade galega onde se vive máis, seguida de Santiago e Vigo

Dende o punto de vista xeográfico, a cidade galega con maior esperanza de vida é Lugo, con 83,66 anos, dacordo cos últimos datos do INE. Na capital lucense os homes viven un 80,88 anos e as mulleres 86,11.

Por detrás de Lugo, a cidade ‘máis lonxeva’ é Santiago, cunha esperanza de vida de 83,64 anos; de seguido ven Vigo (83,6); Ourense (83,54); A Coruña (83,29); Pontevedra (83,23) e Ferrol (82,19 anos).



Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.