Destacados Vigo al minuto

1€ por cada vigués para apoiar ao pobo palestino

O BNG pide que o Concello achege 300.000€ a Axencia da ONU para os refuxiados

O Bloque Nacionalista Galego vén de trasladar a proposta de que o Concello de Vigo transfira un mínimo de 300.000€ á Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados/as de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA). Unha medida que, a xuízo dos nacionalistas, axudará a garantir a alimentación, a asistencia sanitaria e a educación para a poboación civil da Palestina, vítima dende hai xa 180 días dun «brutal» xenocidio por parte do Estado de Israel.

33.000 persoas asasinadas

«Falamos de apenas 1 euro por cada vigués e viguesa que poden ser absolutamente chave para salvar vidas», expresou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lembrando que son case 33.000 persoas asasinadas e 76.000 feridas, das que 7 de cada 10 vítimas son crianzas e mulleres, e case 2 millóns de persoas forzadas a se desprazar sen garantías de acceso a auga, alimentos ou material sanitario.

Igrexas considerou que «é unha oportunidade para que rectifique o Goberno de Abel Caballero, despois de bloquear as iniciativas do BNG para que o Concello de Vigo expresase a través dunha declaración institucional a súa firme oposición ao xenocidio en curso en Gaza e a esixencia dun inmediato cesar o fogo, así como do seu veto indigno a recoñecer o desempeño da UNRWA coa Medalla da Cidade».

«Salvavidas de esperanza»

O portavoz nacionalista puxo en valor o traballo esencial desta organización humanitaria que cumpre 75 anos de existencia como «salvavidas de esperanza» para o pobo palestino, en palabras do propio secretario xeral das Nacións Unidas, Antonio Guterres. «Un esforzo inda máis heroico tendo en conta que son xa 176 os e as cooperantes da UNRWA asasinadas desde o 7 de outubro e máis de 161 as instalacións afectadas polas agresións militares de Israel», defendeu Igrexas.

«A indiferenza diante da crueldade tórnase complicidade», remachou o voceiro do BNG, reiterando a necesidade de que o Concello de Vigo se posicione fronte á «barbarie inhumana» que está a provocar que cada vez un maior número de persoas morran literalmente de fame polo bloqueo ilegal de axuda humanitaria.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.