Cultura

‘Deafkids’ abren este venres 5 en Vigo a nova edición do ‘Sinsal Primavera’ 

Na Sala Radar

'Deafkids' abren este venres 5 en Vigo a nova edición do 'Sinsal Primavera' 

Este venres, 5 de abril, comeza o Sinsal Primavera 2024, o evento que a promotora viguesa Sinsalaudio, responsable do festival Sinsal SON Estrella Galicia, impulsa na nosa cidade. A cita, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, procura visualizar proxectos musicais de vangarda dunha ampla variedade estilística e que cuxa inclusión no circuíto habitual da programación das salas de concertos é infrecuente.

Deafkids 

A banda brasileña Deafkids será a responsable de abrir o Sinsal Primavera, precisamente, nunha das principais salas de música ao vivo da cidade viguesa: Radar. A formación, cuxo estilo transita entre o rock, a psicodelia, o noise, o hardcore punk, o heavy metal, o jazz espiritual ou mesmo a música africana -todos os xéneros son benvidos para o grupo-, é unha das propostas máis interesantes da escena da música experimental do seu país, especialmente pola procura incesante de novas sonoridades e da “desprogramación sónica da mente”.

Así, o proxecto creativo liderado por Douglas Leal, xurdido na localidade industrial de Volta Redonda (Rio de Janeiro), chegará por vez primeira a Galicia para amosar o seu xeito de entender a experimentación musical, da que dan boa conta no seu último traballo discográfico, Ritos do Colapso (2023). O álbum parte do clima distópico xerado pola pandemia da Covid-19 para ampliar o seu universo sonoro, intentando xerar unha sorte de banda sonora de escenarios imaxinarios sobre ese momento histórico.

O concerto de Deafkids comezará ás 21.30 horas do venres 5, mais a apertura de portas terá lugar ás 21.00 horas. As entradas para o primeiro directo do Sinsal Primavera 2024 están á venda, desde 10 euros (máis gastos de xestión), na plataforma en liña www.enterticket.es.

  • Data: Venres 5 de abril
  • Hora: 21.30h (apertura de portas ás 21.00 horas)
  • Lugar: Sala Radar (r/Iglesias Esponda, 30, Vigo)
  • Evento: Concerto de Deafkids

Sinsal Primavera continuará no MARCO

Logo do concerto de apertura na Sala Radar, Sinsal Primavera trasladará a súa actividade ao MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo). Alí continuará o 19 de abril coa actuación, en acústico, da estadounidense Kristin Hersh, unha das voces máis representativas da escena underground norteamericana e que se atopa de xira por Europa; mentres que o xoves 9 de maio será a quenda do saxofonista berlinés Julius Gabriel, músico que se mergulla nos límites e complexidades do instrumento desde a improvisación e as novas tecnoloxías. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.