Cultura

Beade continúa coa programación cultural de ‘Cereixa en flor’

Con música e teatro

A programación cultural da «Cereixa en flor» do mes de abril trae consigo a continuidade musical da primavera e o regreso do teatro a Beade.

Así, a banda sonora desta estación prosegue co «Encontro de Primaveira», un acto organizado polo Ateneo Musical de Bembrive, este domingo día 7, que dará comezo ás 19:00h. no Auditorio do Centro Cultural de Beade. Entrada de balde.

Ademais, contará coa presenza do mestre Juan José Ocón, profesor de trompeta e director de orquesta e bandas como Joven Orquesta Nacional de España, Banda Municipal da Coruña ou Joven Orquesta de Euskal Herria.

Teatro

En canto ao teatro, que ven de festexar recentemente o seu día munidal, Fauna 113, compañía nada na escola de Ártika, presenta a súa nova comedia, unha historia hilarante e fresca coa que busca darlle unha volta de parafuso ao xénero co seu selo propio.

«Os veciños do lado» narra a historia de María e Pedro, unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en principio parece unha cena de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que acaso non todos temos algo que ocultar?

A función, que terá lugar o sábado 20 de abril ás 20:00h. no Auditorio do Centro Cultural de Beade, conta cunha duración de 60 minutos e recomendación para maiores de 12 anos. Entrada de balde.

Carteis da Feira da Cereixa

Finalmente, a Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade acollerá ata o vindeiro mes de xuño os carteis concursantes da «XXXVII Feira – Festa da Cereixa», realizados polo alumnado do C.E.I.P. Coutada – Beade, C.E.I.P. Otero Pedrayo, I.E.S. de Beade, xóvenes da parroquia e socios ou fillos de socios da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade que non pertencen a ela.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.