Galicia Vigo al minuto

‘Non deixes que a túa vida quede na estrada’: estas son as consecuencias das imprudencias ao volante

Unha ambiciosa campaña de seguridade vial

'Non deixes que a túa vida quede na estrada': estas son as consecuencias da imprudencia ao volante

‘Non deixes que a túa vida quede na estrada’ é o lema da campaña que amosa ás consecuencias das condutas temerarias e irresponsbles ao volante. Coa súa posta en marcha, a Xunta de Galicia, quere lembrar todo o que podemos perder nun segundo, por unha imprudencia ou un despiste.

A través dun spot audiovisual, cuñas de radio e diferentes propostas gráficas, preséntanse á cidadanía distintas situacións da vida dunha familia que se ve truncada nuns instantes por un accidente de tráfico. E faino sen recorrer a escenas dramáticas, senón que a través dunha simple imaxe -como unhas fotos, un móbil, unha mochila cun ordenador ou un boneco estrados na vía-, na que se amosa o que pode cambiar a nosa vida, en poucos segundos, por unha distracción ou unha imprudencia.

Detectado conducindo a 242 km/h pola autovía A-6

Os efectos prexudiciais do consumo de alcohol, o perigo do uso do móbil cando se está conducindo, as graves consecuencias do exceso de velocidade ou de non poñer o cinto de seguridade, como principias causas das mortes ao volante, son argumentos centrais. Sublíñase a súa importancia á vista de que os datos de sinistralidade nas estradas apuntan, precisamente, a una certa relaxación de condutas precisamente no uso do cinto, do teléfono móbil e no consumo de alcohol e drogas.

Campañas de sensibilización nos últimos anos

Esta nova campaña de sensibilización súmase ás que realizou a Xunta nos últimos anos. Así, en 2017 e 2019, estiveron centradas nas distraccións ao volante, cando as mesmas eran a primeira causa de accidentes de tráfico en Galicia.

En 2018 o lema foi ‘Metro e medio’, co obxectivo de sensibilizar sobre o respecto entre condutores e ciclistas, un colectivo vulnerable con crecente presenza na estrada.

En 2020, no contexto de pandemia, o obxectivo foi advertir aos condutores de que na desescalada do confinamento seguía a ser necesario conducir de modo seguro.

Nos últimos anos, a Xunta centrou o propósito foi insistir na fraxilidade das persoas usuarias da estrada, en especial dos peóns, e a necesidade de adoptar unhas sinxelas medidas para aumentar a seguridade propia e a dos demais: facerse ver co uso de prendas reflectantes.

‘O corazón está do teu lado’

Tamén os nenos foron obxecto de actividades divulgativas e de concienciación coa campaña ‘O corazón está do teu lado’, promovendo hábitos responsables nas estradas por moitos colexios de Galicia. Os cativos aprenderon con actividades amenas a relevancia de empregar as sendas peonís, camiñar polo lado do corazón, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.

Obxectivo acadar a “visión cero”

A nova campaña de concienciación da Xunta forma parte do ‘Plan de Seguridade Viaria 2022-2025’ que quere acadar a “visión cero”: é dicir, reducir ao mínimo posible as vítimas de accidentes e acadar a meta final de cero vítimas por sinistros nas estradas.

Este Plan, que é a folla de ruta do Goberno galego no eido da seguridade viaria para os vindeiros anos, foi recoñecido como referencia estal polo Observatorio Nacional de Seguridade Viaria.

O mesmo recolle dúas metas estratéxicas, a primeira diminuír o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías, con respecto a 2019. O segundo, reducir o 25% dos falecidos e feridos graves en usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoristas.

Para acadar estes obxectivos, xa están en marcha distintas accións específicas que abranguen todos os ámbitos que afectan á seguridade viaria: a mellora das infraestruturas, a promoción da educación e formación viaria, o bo estado do vehículo ou a priorización da seguridade viaria no lugar de traballo.

Eliminación de tramos de concentración de accidentes

No que se refire ás intervencións en funcionamento, a Xunta quere a avanzar no desenvolvemento da Estratexia para a eliminación de tramos de concentración de accidentes existentes na rede de estradas autonómicas: así, leva mobilizados preto de 17 M€ que permitiron reducir case 50 km de puntos negros nas estradas autonómicas, diminuíndo a accidentalidade en máis dun 60%. Agora está a avanzar na elaboración dunha nova Estratexia de eliminación de treitos de concentración de accidentes baseándose nos identificados no ano 2021.

Mobilidade peonil e ciclista

A Xunta segue tamén a apostar por unha mobilidade peonil e ciclista segura e sostible, coa construción de novas sendas. Esta acción empréndese logo de ter habilitado máis de 300 quilómetros de itinerarios peonís e ciclistas nas estradas autonómicas nos últimos anos, cun investimento que supera os 50 M€, impulsando, ademáis, grandes eixes de mobilidade nas contornas das cidades ao abeiro dos fondos Next Generation.

Tamén se están a desenvolver intervencións para reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nas paradas de autobús situadas nas vías de titularidade autonómica, unha iniciativa dirixida aos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns, coa que se está a actuar en 1.100 paradas de autobús cun investimento de 35 M€.

Impúlsanse, ademais, obras específicas para a eliminación de obstáculos nas estradas que teñen como obxectivo conseguir “estradas que perdoan” os erros que cometemos e dan unha segunda oportunidade de volver á estrada e evitar sinistros. Unha iniciativa que se reforzará nos vindeiros anos a través dunha Estratexia de actuación nos treitos de alto potencial de mellora.

Conservación de estradas

Ademais, de xeito permanente, o Goberno galego vén apostando por unha medida eficaz para a conservación dos máis de 5.500km de estradas autonómicas: o Plan de reforzo de firmes, co que nos últimos sete anos se levan licitado obras que superan os 140 M€. No que vai de 2024 a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou traballos de mellora do firme nos viais de Galicia por un importe que supera os 20 M€.

Tamén tendo en conta os efectos do cambio climático e a necesidade de manter as vías en condicións para reducir riscos, a Xunta está desenvolvendo liñas pioneiras como o programa de inspeccións nas pontes e obras de paso, ademais de en muros e noiros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.