Comarcas

O ‘Plan Xuventude’ da Deputación incluirá axudas para renovar locais da mocidade e actividades no rural

Segundo anunciou hoxe o presidente, Luis López

A Deputación de Pontevedra está a avanzar na posta en marcha do I Plan Estratéxico Provincial de Xuventude, o «eixo de acción das políticas públicas que vai desenvolver a institución provincial centradas na mocidade nos vindeiros anos».

Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, en rolda de prensa, ao tempo que lembrou que é un plan que se basea en «tender pontes e na escoita activa de todos os sector implicados: os concellos, a Xunta de Galicia, a mocidade e as asociacións xuvenís e internamente cos servizos da Deputación.

Convocatorias

Ademais, o presidente provincial deu a coñecer as convocatorias impulsadas pola Deputación cara a mocidade, así como para a intención do goberno provincial de constituír o Consello Provincial de
Xuventude.

Desta maneira, o novo servizo de Xuventude da Deputación ten en marcha numerosas iniciativas dirixidas á mocidade da provincia como +Xuventude; o Campamento da Lanzada; os Premios Provinciais á Xuventude ou o Ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos. Tamén está previsto que nos próximos días se publique a nova liña de axudas “O teu espazo xuvenil”, que cun orzamento de 100.000€ van dirixidas a dotar os locais xuvenís dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Axudas, programas e accións diversas

Ademais estase a tramitar o programa “Vive o rural”, unha liña de axudas dotada con 30.000 euros para
financiar actividades medioambientais promovidas por ANPAS e Centros Educativos Públicos en granxas escolas da provincia. E o servizo ten en marcha o redeseño dun apartado propio na web da Deputación para dar resposta á xuventude e ao persoal técnico dos concellos, con información relativa a programas, axudas e espazos destinados á xuventude na provincia, dando a coñecer dende as accións lideradas pola Deputación, ata axudas, infraestruturas ou actividades para a xuventude que promoven os concellos ou a Xunta de Galicia.

Encontro Provincial de Xuventude

Luis López tamén anunciou que está prevista a organización dun Encontro Provincial de Xuventude e de
mesas de traballo e xornadas técnicas de formación cos concellos. Esta iniciativa acométese tras ter detectada na primeira xuntanza celebrada na Deputación dunha demanda de formación e cooperación para poñer en común experiencias e propostas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.