Comarcas

Entroido, tamén en Nigrán

Este sábado, dende as 18:00h. co tradicional ‘Enterro do kiko’

O Concello de Nigrán celebra finalmente este sábado 16 de marzo o seu tradicional enterro do kiko que, cada ano, pon fin ao entroido (nesta edición tívose que pospoñer dúas veces por mor da choiva).

Así, o evento máis característico do carnaval nigranés- realizado grazas ao Centro Cultural Parada do Miñor- terá lugar a partir das 18:00 horas coa saída desde o Auditorio Municipal da comitiva fúnebre cara o Torreiro de Parada cara a cerimonia fúnebre oficiada polo pregoeiro Antonio, quen divertirá coas súas coplas elaboradas cada ano ex-profeso. Despois terá lugar a procesión polo barrio da Igrexa e a queima.

Alternativo al ‘Enterro da Sardiña’

Esta peculiar celebración naceu en Parada como alternativa ao típico ‘Enterro da Sardiña’, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con «kikos» (ata o punto de que esta ave representa á entidade). Ao longo dunha década de vida foi adquirindo sona na localidade e, o que comezou como unha festa entre veciños, é hoxe en día un evento distintivo do entroido nigranés ao incluír o Concello hai oito anos a saída da comitiva desde o Auditorio Municipal e co kiko tirado por un carro de bois (nesta edición os bois non poderán estar).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.