Cultura

O Entroido volve a Porriño esta fin de semana

Coincidirá o sábado con ‘Merca na rúa’

O Porriño non se resigna a quedar sen Entroido. Tras ter que suspéndelo en dúas ocasións polas malas condicións meteorolóxicas e aproveitando que o tempo dará un pouco de tregua, a vila do Louro xa o ten todo preparado para retomar a programación.

Sábado

Arrancará o sábado 16 co concerto de La Patrulla ás 12:00h como antesala do pregón do Entroido a cargo dos usuarios e usuarias de Afaga Alzhéimer, que será ás 13:00h. Non faltará tampouco o Xogo da Ola que celebrará a súa 80 edición ás 16:00h.

Xa pola tarde, a partir das 17:30 h sairá do pavillón municipal o gran Desfile de comparsas e ao seu remate, concerto de ‘Los coleguitas’ na praza do Concello.

Domingo

O domingo despedirase o Entroido deste ano como como corresponde, co velorio e enterro da Sardiña. Ás 17:00h abrirá as súas portas a capela ardente no Círculo Recreativo Cultural e ás 18:00h a comitiva fúnebre iniciará o seu periplo ata a praza Arquitecto Antonio Palacios, onde se procederá á lectura do Testamento e últimas vontades antes de ser queimada aos pés da ponte do Valo. O pasarrúas Lume, de Troula Animación, sumase aos actos.

Merca na rúa

O sábado o Entroido coincidirá coa celebración de Merca na rúa. Como informamos en vigoalminuto, o evento celebrarase o venres 15 e o sábado 16 de marzo. Instalaranse 29 postos de venta na rúa peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos. Calzado, óptica, moda infantil e de adulto, mercería a accesorios…serán algún dos artigos que poderás atopar con descontos de ata o 80%. Estarán abertos de 10:00 a 14:00h.

Día do Pai con premios

E falando de compras, non hai que esquecer que os comerciantes do Porriño celebran o Día do Pai sorteando varias tarxetas regalo.

Participar é moi doado: ata o 19 de marzo instalarán photocalls na rúa peonil; no barrio de San Benito e na rúa Antonio Palacios e toda aquela persoa que queira participar na campaña ten que facerse unha foto e subila as súas redes –Instagram e Facebook- etiquetando a CCA Morea.

Entre todos os participantes sortearanse tres tarxetas regalo de 50€ para canxear nos establecementos pertencentes a Morea. Ollo: podes etiquetar tantas fotos como queiras e así terás máis opción. «O sorteo realizarase o día 20 de marzo e anunciaranse os gañadores a través das redes sociais de CCA Morea, ACIPOR».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.