Comarcas

No Rosal, os veciños levan o Concello no móbil

Nunha nova canle de WhatsApp que os informa ‘al munuto’

O Concello do Rosal comunicarase por WhatsApp coa súa veciñanza. O Goberno municipal ven de poñer en marcha unha canle a través desta aplicación móbil co obxectivo de «ofrecer a rosaleiros e rosaleiras novas ferramentas a través das que dispoñer da información municipal de xeito doado e directo, chegando ademais a aquel público que non emprega habitualmente outros medios como a páxina web ou as redes sociais municipais«.

O Concello no móbil

Con esta iniciativa, a veciñanza disporá dunha canle de comunicación que permitirá a todos estar informados en todo momento do que pasa no municipio a través dos seus teléfonos móbiles. “Seguimos dando pasos para axilizar, dinamizar e garantir que a información máis relevante do noso Concello chegue a todos os veciños e veciñas a golpe de clic, dunha maneira cómoda e sinxela”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A través desta canle, poderán estar ao día das últimas novidades sobre a actividade municipal, das diferentes actividades da axenda cultural, de avisos e de todo tipo de noticias e informacións que poidan ser de interese.

Ao tratarse dunha canle de difusión, o servizo manterá a total privacidade de todas as persoas participantes. Como explica o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alejandro González, “non se trata dunha lista de difusión ao uso dentro da aplicación, senón que son os propios usuarios e usuarias os que se subscriben á canle para recibir a información pero sen acceso aos datos do resto das persoas rexistradas na canle”.

Mira como tes que facer

Para acceder a esta canle informativa que se chamará Concello do Rosal poderá escanearse o código QR que se difundirá a través de diferentes canles físicas ou dixitais polo municipio ou acceder de forma directa a través do seguinte enlace: https://whatsapp.com/channel/0029VaMvze4JENyA5Xsvmr28 e premendo a continuación o botón de ‘Seguir’ que aparece na parte superior dereita da pantalla.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.