Destacados Vigo al minuto

O Consorcio do Casco Vello de Vigo rehabilitará novas vivendas na rúa San Sebastián

Ademáis das de Elduayen, Subida ao Castelo, Ribeira do Berbés e Rúa Alta

O Consorcio do Casco Vello de Vigo rehabilitará novas vivendas na rúa San Sebastián

A delegada da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) vén de anunciar que o Consorcio contratará a obra de rehabilitación do edificio situado na intersección das rúas San Sebastián e Hortas.

Ana Ortiz salienta que o proxecto conta cun investimento de máis de 700.000 euros para a construción de dúas vivendas na parte alta do barrio histórico. Cun prazo de execución de doce meses, a parcela ten unha superficie de 180 metros cadrados e a compra do inmoble supuxo outros 188.000 euros. Ortiz destacou que o Consorcio Casco Vello retomou a actividade rehabilitadora  unha vez o Concello de Vigo desbloqueou o pasado mes de outubro o Plan de Actuación, Investimentos e Financiamento (PAIF) que tiña paralizado desde hai dous anos.

Elduayen e Subida ao Castelo

Apuntou ademais que o organismo, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e un 10% polo Concello, ten outras dúas rehabilitacións en marcha: Elduayen 31 e Subida ao Castelo 9.

Na primeira delas o CCVV adica un total de 1,4 millóns, sumando a compra do inmoble e a adxudicación dos traballos. Esta actuación, que afecta á edificación con saída á rúa Ferrería, supón a construción de 6 novas vivendas, de dous e tres dormitorios, e dun local comercial.

Pola súa banda, en Subida ao Castelo inviste máis de 500.000 euros para a reforma do inmoble de dúas vivendas. Ademais das mencionadas reformas de San Sebastián, Elduayen e Subida ao Castelo, como informara vigoalminuto, o PAIF 2024 contempla investimentos na rehabilitación de outros tres edificios (Ribeira do Berbés, 39; Elduayen, 39; e Rúa Alta, 8-14) o que permitirá crear un total de 22 novas vivendas de protección autonómica.

Desde o seu nacemento, o Consorcio Casco Vello xa rehabilitou un total de 88 edificios para poñer a disposición dos vigueses 121 vivendas e 36 locais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.