Destacados Vigo al minuto

O BNG reivindica o «paso de xigante» que deu nas Eleccións e o alcalde non fai aurocrítica polo mal resultado do PSOE

O Bloque gañou en 232 das 372 mesas electorais de Vigo

O Bloque Nacionalista Galego reivindicou onte o seu «salto de xigante» en Vigo nas eleccións galegas deste pasado domingo. Por primeira vez na historia, o BNG foi a forza máis votada na cidade, con 56.820 votos e un incremento de 14 puntos na maior urbe galega.

«Este resultado histórico do BNG foi chave para que, en termos xerais, case 6 de cada 10 viguesas e vigueses enviaran un rotundo non ás políticas de abandono e maltrato aplicadas nos últimos 15 anos polo PP en contra da nosa cidade», valorou o seu portavoz municipal. Xabier P. Igrexas engadiu que o líder do Partido Popular, Alfonso Rueda, ten que tomar «boa nota» do que aconteceu na nosa cidade.

Dúas deputadas e un deputado de Vigo

«Dende o BNG imos defender con inda máis forza no Parlamento de Galiza, onde por primeira vez contaremos con 3 deputadas e deputados da nosa cidade en Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova, que van ser a voz firme para defender Vigo», destacou, considerando considerou que este resultado «histórico» do Bloque amosa que «Vigo non quere máis do mesmo».

O dobre de votos que os socialistas e o «seu candidato fake»

Igrexas subliñou, tamén, como o BNG case duplicou o resultado do «candidato fake»en relación ao papel de Abel Caballero protagonizando como alcalde a campaña PSdG en Vigo. «A pasada semana Caballero pedía nunhas declaracións a Ana Pontón que me desautorizase como portavoz municipal do BNG, mais é claro a quen desautorizaron as viguesas e os vigueses nas urnas«, afirmou.

Tendencia á alza do BNG en Vigo

Así, os nacionalistas poñen en valor a tendencia á alza na cidade nos últimos comicios, triplicando a representación no Concello nas municipais do pasado maio e aumentando o número de votos nun 45% nas eleccións xerais de xullo. «É claro que o BNG non ten teitos nin en Galiza nin en Vigo», reivindicou o voceiro do Bloque, quen asegurou que este domingo «non acabou nada».

«Este resultado histórico fai que o BNG esteamos con máis forza do que nunca, para facer un mellor e máis intenso labor de oposición, para seguir a defender os intereses da maioría social, para seguir construíndo unha Galiza máis xusta, máis igualitaria, máis feminista, con máis benestar social para todos e todas, con Vigo como motor dese cambio galego«, remachou Igrexas.

«O PSOE decrece dende o goberno de Touriño«

Pola súa banda o alcalde, fixo a análise das Eleccións galegas no canle televisivo Cuatro. Ao seu xuízo, o Partido Socialista está nun camiño decrecente dende o Goberno de Emilio Pérez Touriño -que rematou en 2009-. Abel Caballero, cré que o erro foi cambiar de candidato en cada una das últimas cinco eleccións e declarouse contrario ao «canibalismo político», asegurando que «hai que dar a oportunidade ao novo candidato-en referencia a Besteiro- de que defenda o seu proxecto político no Parlamento».

«Vigo 7 puntos por riba de calquera cidade de Galicia»

Logo de negar calquera responsabilidade das políticas de Pedro Sánchez no afundimiento do voto ao PSdG-PSOE, Caballero negou que se poidan extrapolar os resultados dunhas eleccións a outras ou entre territorios do Estado. Tampouco fixo autocrítica algunha do resultado do seu partido en Vigo (perde preto de 13.500 votos e 12 puntos de apoio electoral, en relación con 2020), logo de que asumise en persoa a campaña socialista a nivel local. Neste sentido, o alcalde aseguou que os socialistas «en Vigo temos 7 puntos por riba de calquera outra cidade» -algo que non é exacto, posto que a diferencia é de 2,4 puntos en relación con Lugo; 5,09 con Ferrol; 5.87 coa Coruña ou 6,6 con Pontevedra-, tampouco comentou que Vigo fose a cidade galega onde o PSOE perde máis porcentaxe de voto: 11,92 puntos (fronte aos 9 de Ourense; 5,35 de Pontevedra; 4,4 de Ferrol; 3,45 de A Coruña; 3.07 de Santiago e 0,58 puntos de Lugo).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.