Comarcas

AER condena o «arboricidio» na Avenida Mendiño e compara a Digna Rivas con Almeida

Cualifica a poda de «salvaxe» e de «atentado ecolóxico»

AER condena o "arboricidio" na Avenida Mendiño e compara a Digna Rivas con Almeida

A Agrupación de Electores de Redondela (AER), lamenta o «arboricidio» cometido pola Concellaría de Parques e Xardíns na Avenida de Mendiño e compara a actitude da alcaldesa, Digna Rivas, cara ao Medio Amniente, coa do alcalde de Madrid, Martínez-Alemeida.

Os representantes de AER aseguran que «a veciñanza de Redondela quedou abraiada este pasado xoves cando se achegou á Avenida de Mendiño, á altura do instituto Illa de San Simón e comprobou o atentando ecolóxico perpetrado contra as árbores desta estrada que comunica a o centro urbano da vila co peirao de Cesantes».

«Poda salvaxe» e «innecesaria»

Así, denuncian, que unha empresa contratada polo Concello realizou unha poda «totalmente salvaxe,
absolutamente innecesaria e sen un mínimo criterio medioambiental».
AER- que forma parte do Goberno municipal- considera que a Concellaría de parques e xardíns, «que é que ten a responsabilidade
destas tarefas, ten que dar explicacións desta desfeita e esiximos que deteña todos os traballos de poda ata que non se revisen os protocolos que, á vista está, nestes momentos parecen inexistentes«
.

Incorporar sensibilidade medioambiental ao goberno de Redondela

Así mesmo, a Agrupación de Electores esixe á Concellaría de Medio Ambiente que se implique neste
asunto
e que colabore co seu compañeiro de goberno para consensuar unhas políticas coa máxima sensibilidade medioambiental posible.

«O cambio climático é un fenómeno tristemente imparable. Temos que facer todo o posible para mitigar os seus efectos. E o mellor “invento” para iso chámase árbore. Así o entenden en todas as principais capitais do mundo, así están a recuperar zonas verdes e a plantar árbores e, en cambio, en Redondela imos en dirección contraria».

Digna Rivas amosa a mesma sensibilidade medioambiental que o alcalde de Madrid

Desde AER subliñan que «estes atentados contras as árbores son impropios dun goberno que se di progresista». Ademáis, conclúe o seu voceiro, Cuni Orge, «Digna Rivas está a amosar a mesma sensibilidade medioambiental que o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, tristemente famoso por ter destruído centos de árbores na capital de España”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.