Comarcas

O Concello de Mondariz urxe á Xunta a que cubra a praza de Pediatría

«Algunhas familias son derivadas ao Cunqueiro, a 37 quilómetros de distancia»

A saúde non entende de cores nin é cousa tan só duns, é cousa de todas as persoas”, manifesta a concelleira de Servizos Sociais e Sanidade de Mondariz, M.ª Xosé Álvarez Rodríguez, tras a «visita electoral» do conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, a Mondariz.

Falla dun pediatra

María Xosé Álvarez lamenta que «o conselleiro non informara, con transparencia e igualdade, a toda a veciñanza da situación da praza de pediatría» do centro de saúde local. “Aproveitando a súa visita puido darnos resposta aos tres escritos que este Concello lle leva enviando dende o mes de novembro pola falla dun profesional de pediatría no centro de saúde”.

Ante a inquedanza das familias e na procura de atopar estabilidade e unha cobertura sanitaria axeitada, a concelleira envioulle varios escritos, interesándose polos procesos de selección e adxudicación da praza, “a ausencia de resposta da Consellería provoca incertidume e malestar entre as familias con fillas e fillos en idade de atención pediátrica. Un feito que se suma á falla dun profesional que atenda de xeito estable ás e aos nosos pequenos”.

«Afecta á saúde de nenas e nenos»

Álvarez lémbralle á Consellería que a Lei 12/2013, do 9 de decembro, de Galicia establece con claridade o dereito das persoas usuarias á libre elección do médico de familia, do pediatra e do persoal profesional de enfermaría para a prestación da atención sanitaria en Atención Primaria no ámbito do sistema público de saúde. Por este motivo esixe que se cumpra a lexislación e se dea unha resposta o antes posible.

A concelleira de Servizos Sociais considera que esta falta de atención afecta directamente á saúde e ao benestar das cativas e cativos e xera graves consecuencias, «obrigando ás familias a afrontar desprazamentos longos e innecesarios contribuíndo, incluso, a masificar as urxencias dos hospitais».

Derivados ao Cunqueiro: a 37 quilómetros

“Cando no hai pediatra algunhas familias están sendo derivadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro situado a 37 quilómetros. Esta medida non só colapsa o servizo de urxencias do hospital senón que supón un grave inconveniente para moitas familias que carecen de medios de transporte”. Agrava esta situación a falta de horarios do transporte público.

O médico ten que ser pediatra

Dende o Concello de Mondariz solicitan que se lle informe sobre o resultado do concurso de méritos convocado e agardan que fose cuberta esta praza que se comparte co Concello de Covelo. Álvarez Rodríguez adianta que «non van admitir que a praza sexa cuberta por calquera outro especialista ou médico de familia que non sexa pediatra».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.