Comarcas

O Porriño incorpora 17 novos traballadores en traballadoras ao seu cadro de persoal

As persoas interesadas en optar aos postos teñen que estar en situación de desemprego

O Porriño incorpora 17 novos traballadores en traballadoras ao seu cadro de persoal

O Concello do Porriño sumará a 17 novos/as traballadores/as ao seu cadro de persoal no marco do Plan  +Provincia da Deputación de Pontevedra.

A administración local recibirá 211.000 euros do ente provicial para a contratación de persoas que se atopen en situación e desemprego, tal e como vén de aprobarse na súa Xunta de Goberno. Isto supón o 72,30 % do orzamento total, financiándose o restante con fondos municipais.

Serán concretamente 6 peóns forestais, 3 conserxes, 2 peóns de obras públicas, 1 analista de xestión, 1 publicista, 1 auxiliar de enfermería, 1 oficial de albanelería, 1 oficial de soldador e 1 oficial de carpintería. Todos eles engrosarán o persoal dos diferentes departamentos municipais.

“Con estas incorporacións poderemos mellorar o servizo que prestamos aos cidadáns e atender as súas necesidades como corresponde. Moitas veces nos vemos atados de mans por non contar co persoal suficiente para dar a resposta que queremos e debemos dar, por iso serán de gran axuda para nós”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

As persoas interesadas deben estar inscritas no Servizo Público de Emprego , xa que será este organismo o fará a preselección.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.