Comarcas

Redondela estrea o aparcadoiro de Vilavella

Con 110 prazas para coches, 8 para motos e 3 para bicis

Redondela estrea o aparcadoiro de Vilavella

Os condutores redondeláns e aqueles que visiten Redondela, xa poden usar do novo aparcadoiro de Vilavella. O mesmo conta cunha superficie de 3.896 m² con 110 prazas para coches. Delas, 6 están reservadas para persoas con mobilidade reducida. Tamén dispón de 3 prazas de moto e 8 para bicicletas.

Aparcadoiro Vilavella Redondela

Menos vehículos circulando polo núcleo urbano

Este aparcadoiro disuasorio mellora a habitabilidade da zona de Vilavella e, entenden dende o Concello, repercute ademais de xeito positivo no resto da vila. Reducindo «a cantidade de vehículos que transitan polo núcleo urbano, o que supón máis seguridade para o peón, menos ruído e menos contaminación”, apunta o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar.

Villar engade que se instalou un sistema de iluminación “eficiente e de baixa intensidade para a zona de aparcadoiro. O concelleiro non oculta que “conxugar as prazas de estacionamentos coas zonas verdes e o arborado supuxo un gran esforzo para poder acadar o mellor resultado posible”.

Eliminación de barreiras arquitectónicas

O estacionamento non só ofrece o maior número posible de prazas para aparcar no acceso a Redondela, senón que supón “a transformación integral do espazo urbano«. Ademáis, elimina barreiras arquitectónicas, pon en valor o Convento de Vilavella e mellorar a relación do espazo co río Maceiras”, explica o concelleiro de Urbanismo. Un dos obxectivos deste proxecto era que todos os espazos fosen accesibles para todas as persoas, “e ese obxectivo está cumprido”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.