Os maiores de 65 anos poden viaxar de balde no transporte público autonómico empregando a Tarxeta de Mobilidade de Galicia

Abrangue máis de 3.600 liñas de autobús e inclúe o transporte de ría en Vigo

Os maiores de 65 anos poden viaxar de balde no transporte público autonómico empregando a Tarxeta de Mobilidade de Galicia

Os maiores de 65 anos poden viaxar de balde no transporte público autonómico empregando a Tarxeta de Mobilidade de Galicia, a TMG

Esta medida, en vigor desde o pasado 1 de xaneiro, permite a gratuidade para os maiores de 65 anos no transporte público autonómico, que abrangue as máis de 3.600 liñas de autobús interurbano, incluindo o transporte de ría en Vigo e o ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol. A eles súmase o autobús urbano de Pontevedra e de Ferrol, no que estes servizos se prestan a través de concesións de transporte autonómicas.

Cómo acollerse a esta iniciativa?

As persoas maiores de 65 anos que queiran dispoñer deste servizo deben dispoñer da Tarxeta de Mobilidade de Galicia, (TMG), que se pode adquirir en calquera das 180 oficinas de Abanca, e aboar con ela as súas viaxes. A día de hoxe, xa son arredor de 53.000 galegos maiores de 65 anos os que contan xa con ela, que funciona como a Tarxeta Xente Nova, para menores de 21 anos.

60 viaxes gratuítas ao mes

Así, coa Tarxeta de Mobilidade de Galicia os maiores poden realizar ata 60 viaxes gratuítas ao mes no transporte público autonómico.

O prezo do billete devólvese posteriormente, cargando a bonificación na tarxeta nun caixeiro automático de Abanca.

Neste sentido, o importe das viaxes realizadas na 1ª quincena do mes reintégrase a partir do día 5 do mes seguinte; e o dos desprazamentos efectuados na 2ª quincena do mes, pódese recuperar a partir do día 20 do mes seguinte.

Que pasa se perde a tarxeta?

Se por calquera razón a persoa que xa dispón da Tarxeta de Mobilidade de Galicia precisa substituíla ou solicitar unha nova, por exemplo por extravío, poden adquirila aboando dous euros en calquera oficina autorizada de Abanca, pedindo cita previa e acudindo co DNI.

Toda a información en relación a esta medida de fomento do transporte público, que ademais quere garantir unha mobilidade máis sostible e respectuosa co medio, pode consultarse a través da páxina bus.gal (https://www.bus.gal/gl/tarifa-65) ou no teléfono 988 687 800.

También te puede interesar