Destacados Vigo al minuto

Acción en Vigo a favor do boicot ao aparheid israelí

Despregando unha pancarta na entrada principal a Vialia

Acción en Vigo a favor do boicot ao aparheid israelí. Nunha actuación coordinada entre Ecoloxistas en Acción Rías Baixas e BDS Vigo se despregou unha pancarta en solidariedade co pobo palestino na faciana de Vialia. É a resposta á mobilización convocada pola Rede Solidaria contra a Ocupación de Palestina (RESCOP) en cerca de 100 cidades do Estado español.

Medidas inmediatas na defensa dos dereitos humanos en Palestina

Trátase, así de esixir ao Goberno, e aos partidos que o sustentan, que adopten medidas para defender os dereitos humanos en Palestina, «se non queren facerse cómplices necesarios deste xenocidio». Porén, os países europeos «lonxe de apoiar unha saída pacífica e a liberación do pobo palestino, póñense do lado do Estado opresor, que perpetúa a ocupación».

«Palestina somos todos»

Baixo este lema, que figuraba va pancarta desplegada, s organizacións asinantes queren demandar ao Estado español que esixa a fin da ocupación e a represión e reclamar a Israel que respecte os dereitos da poboación palestina.  

Inacción do Concello

Asimesmo, denuncian a inacción do Concello de Vigo, que «a diferenza de conflitos recentes como a guerra de Ucraína, agocha a cabeza e négase a tomar partido polos dereitos democráticos do pobo palestino». Como exemplo desta «equidistancia cómplice» lembran «o voto en contra do PSOE-PSdG a unha moción que condeaba o xenocidio cometido polo sionismo en Gaza«. A ela súmase «a negativa a exhibir a bandeira palestina no balcón municipal, como si fixo en troques o Concello de Lugo».

Compañías que «apoian as violacións israelí do dereito internacional«

«Con esta mobilización, tamén queremos sinalar ás compañías internacionais presentes en Vialia, que apoian e encobren as violacións israelí do dereito internacional, principalmente ao operar nas colonias ocupadas ilegalmente e ao facer contratos co Goberno israelí e o seu exército, lucrándose do sistema de apartheid e de colonialismo».

Así, desde BDS Vigo nun chamado á cidadanía para que se sume á campaña de ‘Boicot’ ao aparheid, israelí (‘Desinversión’ e ‘Sanciones’ (BDS) a Israel). «Unha ferramenta cidadana para presionar a gobernos e empresas que participan na opresión del pueblo palestino«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.