Comarcas

Mos duplica os traballadores do seu GES e a partida municipal destinada a financialo

Pasará de 6 a 12 profesionais

La alcaldesa de Mos informou hoxe de que o Pleno aprobará a adhesión do Concello ao convenio de colaboración entre a Xunta, Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e Deputación de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais, GES. Será o paso prevo ao procedemento de contratación dos novos traballadores.

O dobre de persoal

Este convenio, apunta Nidia Arévalo, permitrá que Mos teña o dobre de traballadores neste servizo, pasando de 6 a 12 e que o Goberno municipal demandaba, «dado o alto volume de actividade do GES».

Así, establecerase o marco de participación e colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Mos, para o desenvolvemento das accións de asistencia en emerxencias; prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2024 e 2025. «Deste xeito se conseguirá unha maior eficacia en sinistros e na loita contra os lumes a través da optimización no uso de todos os recursos».

Recursos

En total, Mos contará con subvencións concedidas polas diferentes administracións supramunicipais implicadas neste convenio para asumir o custo total de 320.000€ do GES con 12 traballadores. Desta cantidade, o Concello achegará 32.000€; a Dirección Xeral de Administración Local 15.750€; Consellería de Medio Rural, 152.250€ e a Deputación 128.000€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.