Cultura

Convocado o concurso de Carteis da Festa da Cereixa de Beade

A edición deste ano celébrase os días 1 e 2 de xuño

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de convocar o tradicional «Concurso de carteis da Feira – Festa da Cereixa», evento que este ano cumpre a súa XXXVII Edición e se celebrará os días 1 e 2 de xuño.

Esta Asociación convida á rapazada de entre 8 e 16 anos que pertenzan á parroquia ou colexios e Instituto de Beade, así como os que non sendo dela, son socios ou fillos de socios da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, a sentirse partícipes dunha festividade que se ven realizando desde o ano 1986.   

Para elo, serán os encargados de elaborar unha das pezas fundamentais, o cartaz, tanto a nivel anunciador como a nivel artístico, que terá como elemento principal a cereixa. A data límite para entregar os deseños é o venres, 5 de abril de 2024.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.