Destacados Vigo al minuto

As asociacións veciñais de Vigo poden solicitar xa á Deputación axudas de ata 10.000€

Ata o vindeiro 29 de febreiro

As asociacións veciñais de Vigo poden solicitar xa á Deputación axudas de ata 10.000€

As asociacións veciñais porden solicitar xa as axudas da Deputación. Este xoves, na sede de Vigo, o presidente do organismo provincial, Luis López, e a vicepresidenta, Marta Fernández-Tapias, presentaron o programa ‘Provincia Comunitaria’, dotado cun orzamento de 1 millón de euros. O mesmo súmase a un investimento similar, o ‘Plan +Aqua’, dirixido ás comunidades de augas.

Vigo, «fervedoiro do movemento veciñal»

Na súa intervención, Fernández-Tapias cualificou de «imprescindible» este programa, aínda máis na nosa cidade, considerando que Vigo é o “fervedoiro do movemento veciñal de toda Galicia”. Fernández-Tapias subliñou que o Plan Provincia Comunitaria é unha “ferramenta esencial para garantir a supervivencia e o dinamismo das entidades e asociacións veciñais”.

Asi, referiuse a elas como “claves” para o desenvolvemento da provincia ao estar “día a día en contacto coa cidadanía, traballando para fomentar a súa participación social, ofrecéndolles un amplo abano de actividades de índole formativo, deportivo, social ou cultural”.

Recuperar a cooperación veciñal

Nesta mesma liña, o presidente asegurou que “tiñamos claro, cando iniciamos a nosa andadura na Deputación, hai medio ano, que era fundamental emendar a inxustiza que supuxo a desaparición do Plan de Acción Comunitaria e que era unha obriga recuperalo».

A Deputación –engadiu Luis López – tiña unha débeda cos colectivos veciñais, entidades clave no equilibrio territorial. «Entendemos que non poden, nin deben, permanecer ao marxe xa que estamos a falar de entidades que contribúen a construír unha provincia máis avanzada, máis participativa, máis cohesionada”.

Por estes motivos, «impulsamos o Plan Provincia Comunitaria, para potenciar a vosa capacidade e contribuír á implantación homoxénea das entidades veciñais en todo o territorio”. López salientou que “apostar por vós é apostar por mellorar a contorna dos concellos e a calidade de vida das persoas que aquí viven.

De 6.000 a 10.000 euros

Precisamente, a estes colectivos se dirixen os recursos do plan que permitirá que as asociacións de veciños; confederacións; federacións; unións ou asociacións de mulleres rurais con domicilio fiscal na provincia se beneficien de contías que abranguen entre os 6.000 e os 10.000 euros.

Estas axudas da Deputación servirán para adquirir equipamentos (mobiliario, dispositivos informáticos, acústicos ou audiovisuais para desenvolver o seu traballo); executar obras de acondicionamento; reforma e ampliación de locais sociais, infraestruturas, todas elas, nas que desenvolven a súa actividade.

Prazo aberto ata o 29 de febreiro

O prazo para solicitar as axudas do Plan Provincia Comunitaria remata o 29 de febreiro e as obras deberán estar rematadas en novembro. “Estou seguro que tendes xa moitas ideas enriba da mesa nas que traballar”, asegurou o presidente.

Luis López amosou, unha vez máis, “a vontade de tender pontes para avanzar na construción dunha provincia con máis futuro”. “Todos –engadiu- compartimos este obxectivo, que non é outro que impulsar un espazo común, como é a provincia, cheo de oportunidades e de prosperidade. Agardo que agora compartamos tamén esforzos para que este obxectivo sexa, máis pronto que tarde, unha realidade”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.