Destacados Vigo al minuto

Xa podes empregar o ‘Bono Deporte’ en 150 establecementos da área de Vigo

Descárgalo dende hoxe

Xa podes empregar o ‘Bono Deporte’ en 150 establecementos da área da nosa cidade que están adheridos á campaña da Xunta para familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos, con licenza federada ou do Programa Xogade.

Ata o 1 de xullo

A delegada autonómica na cidade lembrou de que as solicitudes para recibir a axuda poderán realizarse ata o 29 de febreiro e os bonos descargados poderán empregarse ata o 1 de xullo. Ademais, salientou, trátase dun sistema que funciona a través dunha App, de maneira que o importe de 120€ de cada bono contará cun desconto do 80% en cada compra ou servizo adquirido e irase consumindo en función do valor da compra.

Como informara vigoalminuto, o ‘Bono Deporte’ pechou o pasado 2 de xaneiro o período de adhesión de establecementos comerciais ou entidades prestadoras de servizos á campaña.

Como empregar o bono?

Se queres consultar a listaxe destes establecemento só tes que entrar en bonodeporte.gal, na que tamén se recolle toda a información sobre o procedemento a seguir para poder realizar desde hoxe a descarga dos bonos.

Así, o primeiro paso para empregar o ‘Bono Deporte’ consiste en darse de alta nesa web; unha vez recibido un SMS de validación, xa se poderá activar e descargar en formato dixital a través dun código QR. Cada beneficiario disporá como máximo dun único bono por menor que se poderá descontar amosando o código QR no momento do pago nos establecementos comerciais e entidades deportivas. A entidade accederá á aplicación que, sobre o importe total, validará e calculará o prezo final co desconto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.