A Dirección de Vitrasa informa de que hoxe catro autobuses da compañía «sufriron ataques, polo que son xa 28 os vehículos danados dende o comezo da folga indefinida». En concreto, nun deles había un usuario a bordo que «a piques estivo de ser alcanzado por un proxectil«.
Dende Vitrasa denunciamos este tipo de actos vandálicos, «tan recorrentes desde o comezo da folga indefinida», e que «poñen en grave risco a seguridade de viaxeiros e do persoal da compañía». Ademais, según la compañía, o coste estimado dos danos dende o inicio da folga indefinida o 25 de novembro é de arredor de 27.000€, «que ascende a 42.000€ se se contabilizan os ataques realizados dende principios de 2023″.
Vehículos das liñas 15C, 10 e 11
Os sucesos rexitráronse a primeira hora da mañá deste mércores e, como indican desde Vitrasa, afectaron, ás 06.00h a un autobús da 15C ao seu paso por la rúa das Plantas. «O condutor sentiu o ruído dun obxecto que impactou contra a fiestra lateral rompéndoa». Non ían viaxeiros a bordo.
Ás 06.50 h. un autobús da liña 10 ao seu paso por estrada de Camposancos dirección Saiáns. O vehículo recibiu o impacto dun obxecto que rompeu unha fiestra lateral. Non levaba pasaxeiros.
Preto dunha hora máis tarde, ás 07.32 h: autobús da liña 10 ao seu paso por Cesáreo Vázquez. impactou un proxectil («estilo balín de aceiro»), que atravesou a fiestra lateral. «Nese lugar ía sentado un viaxeiro que facía escasos minutos se levantara para dispoñerse a baixar do autobús. Se non se chega a levantar o proxectil o houbese alcanzado».
Finalmente, ás 07.33h: no mesmo lugar (Cesáreo Vázquez), un autobús da liña 11,unha pedra que provocou a rotura dunha fiestra lateral. Non levaba viaxeiros.




