Destacados Vigo al minuto

Piden declarar a Vigo como ‘cidade saturada de pisos turísticos’

E impoñer unha taxa municipal ao seu funcionamento

O Bloque Nacionalista Galego pide declarar Vigo como cidade saturada de pisos turísticos diante da “grave proliferación deste fenómeno especulativo”. Asi, os nacionalistas demandan a elaboración urxente dunha ordenanza municipal que regule esta situación; impoñendo unha taxa ao seu funcionamento; esixindo unha licenza municipal e realizando inspeccións para aflorar as vivendas non rexistradas.

Dereito da cidadanía a poder habitar na súa propia cidade

“É momento de frear en seco esta ameaza que está a dificultar o primeiro dereito da cidadanía que é o de poder habitar a súa propia cidade, con cada vez máis familias traballadoras e mocidade que literalmente non se poden permitir o luxo de vivir en Vigo”, demandou o portavoz municipal do BNG.

Xabier P. Igrexas sinala que hoxe en Vigo hai case o triplo de pisos turísticos (1.500) que vivendas dispoñíbeis para alugueiro residencial, 400 máis durante os últimos 6 meses. “A nosa cidade ten case o dobre que os existentes en Santiago de Compostela, o que dá boa conta da gravidade da situación”. Nese sentido, o concelleiro deo Bloque subliña que existen xa en Vigo como mínimo 15 zonas tensionadas polos altos prezos dos alugueiros, segundo o Instituto Galego de Vivenda e Solo, con incrementos dun 50% nos últimos 5 anos.

Igrexas responsabilizou deste problema á “inacción” da Xunta de Alfonso Rueda e do Goberno municipal de Abel Caballero. Por parte do Goberno galego, lamentou a negativa do PP a garantir a legalidade no rexistro de vivendas turísticas mantendo a “lei da selva”. Na actualidade permite que calquera persoa que o desexe poida destinar a súa vivenda a uso turístico, sen medidas de control nin ordenación.

Ordenanza municipal

No caso do Concello de Vigo, o portavoz do BNG considerou urxente actuar para deter esta proliferación e o grave problema de acceso á vivenda. Así, avanzou que no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, deste martes, o BNG demandará a elaboración urxente dunha ordenanza municipal que regule este tipo de pisos.

“Trátase de facer o que xa fixeron outras cidades galegas e no Estado», apunta Igrexas. Quen engade que «non podemos ficar de brazos caídos mentres a especulación dos pisos turísticos sigue a encarecer a niveis insoportábeis o prezo da vivenda”. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.