Galicia

Alertan de que o Centro de Saúde de Teis conta só con 3 médicos e tería que haber 9

«As consultas son para dentro de 15 días e urxencias derívanse ao PAC»

Alertan de que o Centro de Saúde de Teis conta só con 3 médicos e tería que haber 9

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito hai quince días a Julio Comesaña, conselleiro de Sanidade, para trasladarlle a súa «preocupación e indignación» pola falta de médicos polas tardes no centro de saúde.

Citas para dentro de 15 días e urxencias derivadas ao PAC

Os veciños apuntan a que, desde o pasado mes de novembro no centro de saúde de Teis hai 3 médicos polas tardes, cando o centro debería de contar cun total de 9 médicos. Esta falta de persoal provoca que, «cando solicitas cita, estas sexan para dentro de 15 días e que as urxencias sexan derivadas para o Punto de Atención Continuada (PAC) de Pizarro, ademais, de sobrecargar de traballo ao médicos que están polas tardes».

Deterioro da atención sanitaria

Esta situación, subliñan dende a Asociación veciñal, provoca un «deterioro da atención sanitaria», que non pode prolongarse no tempo, «como acontece  xa noutros centros de saúde». De aí que os veciños veñan de solicitar ao conselleiro que, «de maneira urxente, se destinen os  médicos necesarios polas tardes para cubrir as prazas coas que conta o centro de saúde de Teis».  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.