Destacados Vigo al minuto

O Concello ofrece ceas de Noiteboa a 154 persoas maiores ou dependentes que vivan soas

Tamén haberá un menú especial no Albergue municipal

O Concello volverá levar a domicilio a cea de Noiteboa ás persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar e da Teleasistencia que vivan soas. Concretamente, serán 154 os usuarios que recibirán un menú especial. «Queremos trasladarlles o cariño e a felicitación de toda a cidade”, sinalou hoxe o alcalde.

Deste xeito, todas aquelas persoas usuarias destes servizos que vaian cear soas no Nadal recibirán axudas, teñan a idade que teñan. Ademais, tamén recibirán este menú especial os fogares nos que, aínda que os usuarios non vivan sós, os acompañantes presenten unhas condicións de vulnerabilidade (económica ou persoal) similar ao perceptor destas prestacións municipais.

Menú especial

O menú consistirá nos seguintes entrantes: surtido de Ibéricos, surtido de croquetas e quiche de langostinos; de primeiro, a elixir, salpicón de langostino, aguacate e mango ou dúas vieiras gratinadas; de segundo, a elixir, xarrete ou bacalao á vizcaína. Por último, unha tarta de tres chocolates e unha galleta con motivos navideños a modo de sobremesa.

Abel Caballero tamén informou de que, como xa é habitual, o comedor do albergue ofrecerá un menú especial os días 24, 25 e 31 de decembro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.