O Cunqueiro realiza a primeira ciruxía oncolóxica infantil de Galicia cun modelo virtual 3D

O paciente foi un neno de 17 meses que está xa na casa

A sección de Cirurxía Pediátrica do servizo de Pediatría do Álvaro Cunqueiro acaba de realizar a primeira operación de Galicia cun modelo virtual, unha reconstrución en 3D da lesión tumoral e dos órganos da área a intervir do paciente.

Un neno de 17 meses

O doente, un neno de 17 meses, presentaba un neuroblastoma no abdome /trátase do tumor maligno e sólido máis frecuente na infancia) de  grandes dimensións (12 x 8 x 9 cm). O neno está xa dado de alta e evoluciona sen complicacións nin secuelas.

Alto risco

Segundo explica a cirurxiá pediátrica que coordinou a intervención, a doutora Pilar F. Eire, xunto cos cirurxiáns Marga Montero e Marcos Prada, “tratábase dun tumor moi grande e de difícil acceso, con moita implicación de vasos, veas e arterias sanguinas, polo que era unha cirurxía moi complicada, con alto risco de sangrado e de dano a estruturas veciñas e vitais. Gracias a este soporte virtual puidemos realizar unha planificación da cirurxía e ensaiala previamente”.

Ademais dos cirurxiáns pediátricos, no proceso terapéutico do paciente participou un equipo multidisciplinar composto por especialistas en Oncoloxía pediátrica, UCI pediátrica,  Anestesia  pediátrica e persoal de enfermaría.

Réplica personalizada

Este modelo virtual en 3D é unha copia exacta do tumor e da súa localización nos órganos abdominais do paciente. Asi, cCon técnicas de Intelixencia Artificial, na que participaron enxeñeiros biomédicos, informáticos, matemáticos, físicos e médicos, realizouse unha reconstrución tridimensional dos órganos abdominais do paciente, a partir das súas imaxes radiolóxicas. Neste caso, dos TCs que se realizaron previamente como seguimento da resposta do tumor á quimioterapia administrada antes da cirurxía (practicamente nula).

Este modelo permitiu unha planificación cirúrxica virtual, posibilitando visualizar a localización exacta do tumor e os vasos que o rodeaban, e, polo tanto,  practicar e guiar o acto cirúrxico, evitando desta forma as lesións inesperadas.

Máis precisión e seguridade

As vantaxes de practicar previamente a cirurxía de xeito virtual son evidentes, tanto para os cirurxiáns como para o paciente, sobre todos naqueles casos de gran complexidade, xa que ese modelo aporta fundamentalmente unha gran seguridade na anatomía concreta de cada paciente (cirurxía personalizada).

“Gracias á planificación cirúrxica evítanse complicacións intraoperatorias como os riscos de sangrado, e conseguimos unha maior eficacia, máis precisión e menos horas de cirurxía. En consecuencia, os pacientes requiren menos tempo de hospitalización, presentando unha mais rápida recuperación. Neste caso, o neno solo estivo 6 días hospitalizado e ao segundo día xa estaba bailando na UCI.”

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.