Comarcas

Avanzan os traballos de humanización da contorna de San Eleuterio, en Mos

Comezaran no mes de agosto

Avanzan os traballos de humanización da contorna de San Eleuterio, en Mos

A alcaldesa de Mos visitou as obras de humanización da contorna de San Eleuterio, que comezaron a finais do mes de agosto. Nidia Arévalo informou de que xa se realizou a excavación necesaria para acometer o muro de contención proxectado para o torreiro. Ademais, tamén rematou a execución da zapata do muro; a colocación da armadura e formigonado; o replanteo de cotas e niveis, así como as instalacións do abastecemento de auga, e de rego.

Os traballos da contorna da Ermida de San Eleuterio consisten na dotación de zonas verdes; renovación completa do mobiliario urbano; remodelación total da pavimentación da zona e protección de todos os elementos culturais.

Colaboración Concello-Xunta

Para esta obra, a Xunta de Galicia e Concello de Mos destinan un total de 1,03 millóns de euros e a actuación acométese ao abeiro do Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego para axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que melloran a calidade de vida da veciñanza. Asi mesmo, a Administración autonómica, tamén ten proxectada a construción de Vivendas de Protección Oficial, 100% públicas en San Eleuterio.

Máis actuacións

A alcaldesa lemba que dende 2019 xa se levaron a cabo outras actuacións ao abeiro desta iniciativa: a mellora da contorna da Casa Consistorial; pavimentación da urbanización de San Eleuterio; a humanización da contorna parroquial de San Mamede e, atópase tamén en marcha, a mellora integral da urbanización de San Rafael.

As devanditas actuacións, supoñen un investimento global de 2,8 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.