Comarcas

O Porriño acende o Nadal, este mércores

Ás 18:30h. na Praza de Antonio Palacios

O Porriño acende o Nadal, este mércores

O Porriño dará a benvida este mércores, día 6, á tempada de Nadal co acendido do seu alumeado. A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá a partir das 17:00h. varias actividades para festexar por todo o alto o arranque destas festas

A esa hora, actuará o grupo de gaitas Asubío, de seguido un pasarrúas de perxoases infantís e o espectáculo para nenas e nenos “A bailar no Nadal!

O gran momento chegará ás 18:30h. a cargo dos usuarios e usuarias de Aceesca, que unha vez máis serán os encargados de premer o botón que encherá a vila de maxia. A festa seguirá cun concerto de Generación M e o espectáculo musical “Mitic. Christmas Family”, da man de Álvaro Costas.

También te puede interesar