Demandan a reunión urxente da Comisión de Seguridade logo do “caos perigosísimo” deste venres

Coa cidade colapsada durante horas

El Concello presenta este Plan de Tráfico para Navidades, un consejo: ni se te ocurra ir en coche

O Bloque Nacionalista Galego vai solicitar a convocatoria extraordinaria e urxente da Comisión Informativa de Seguridade do Concello de Vigo. A intención é abordar o “caos perigosísimo” que se viviu este venres, no que a cidade ficou colapsada durante horas. Ademáis, os nacionalistas demandan que nela compareza a concelleira delegada de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño.

https://twitter.com/Vigoalminuto/status/1730637488790650982

O portavoz municipal do BNG lembrou que xa solicitara hai dous meses un verdadeiro plan de tráfico e de seguridade. Xabier P. Igrexas pedira que o mesmo incluíse medidas como a instalación de aparcamentos disuasorios cun servizo de bus urbano con lanzadeiras desde os mesmos. Dende o Bloque entende que este era o sistema para «evitar que se volvese repetir, como así sucedeu, o vivido no Nadal do ano pasado: peóns atravesando túneles, retencións quilométricas durante horas e o bloqueo do transporte urbano e dos taxis».

Non foi unha situación sobrevida ou inesperada

Para o BNG é especialmente grave o vivido onte por non se tratar dunha situación sobrevida ou inesperada. “Isto non é algo inesperado, é algo provocado por un caprichoso modelo de Nadal que sigue concentrado nunhas poucas rúas do centro e pola obsesión do Alcalde polas grandes masas de xente”, denuncia Igrexas.

Ameaza á seguridade pública

Asi, o portavoz do BNG foi especialmente duro ao asegurar que «o desgoberno de Abel Caballero é unha ameaza para a seguridade pública”. Neste sentido, denunciou a falla de medidas efectivas. “Hai uns días o alcalde anunciaba 11 corredores de emerxencias, pero o que vimos onte foron ambulancias e vehículos de emerxencia que non lograban avanzar en medio do tapón de tráfico”, reprocha.

Tampouco funcionou o operativo de control de accesos

Desde o BNG cuestionan tamén o operativo de control de accesos, «nos que se puido ver a persoal voluntario de Protección Civil e doutras entidades privadas dirixindo o tráfico sen a capacitación necesaria e sen supervisión da Policía Local. É de tolos pensar que dando un pito e un chaleco reflectante se pode ordenar un colapso de tráfico dese tamaño”, enfatizou.

Igrexas urxe a revisión das previsións en materia de tráfico e de seguridade, unha vez confirmado o “rotundo fracaso” das aplicadas até agora, para evitar que o Nadal se converta nunha “agonía de seis semanas” que faga a cidade intransitábel, insegura e inhabitábel.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.