Cultura

O xornalista Alberto Mancebo presenta en Vigo a súa novela ‘O que me quedaba por dicirche’

Este mércores, ás 20h- na Librería Cartabón

O xornalista Alberto Mancebo (Vimianzo,1983) presenta este mércores en Vigo a sua primeira novela «O que me quedaba por dicirche«, unha das novelas en galego mais vendidas deste verán, e que acaba de sair a 2ªedición. Será ás 20h, na Librería Cartabón (Rúa Urzaiz, 125)  acompañado pola escritora Lara Dopazo.

Trama

Alberto Mancebo narra un episodio da vida de Xoán, unha persoa bastante peculiar, pero coa que é fácil sentirse identificado en moitos aspectos. Na novela, de 130 páxinas, o protagonista desvela certas dificultades para xestionar os seus sentimentos e o seu pasado que, sumado unha noticia inesperada que recibe a súa familia, levarao a unha viaxe fóra de Galicia e tamén fóra do seu benestar emocional. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.