Destacados Vigo al minuto

Queres coñecer a nobreza en estado puro?… ven o domingo a visitar Os Biosbardos

Mira como tes que facer

Así é. Se che gustan os animais e queres colaborar cunha protectora, este domingo, día 26, Os Biosbardos teñen unha xornada de portas abertas, «para que poidas coñecer ás nosas peludas e peludos», as instalacións e as formas nas que poderías colaborar con eles. Ven pasar unha estupenda mañá: fará bo tempo, «daremos un pequeno paseo cos cans e cadelas e contaremosvos cal é a nosa labor».

Se estás interesad@ , envía un WhatsApp ao 600356891 ou un correo electrónico a [email protected].

Un traballo de 365 días ao ano

Os responsables e voluntarios da Protectora Os Biosbardos teñen ao seu cargo a máis de 600 animais, son elas e eles os encargados de atendelos; levalos ao veterinario; alimentalos; bañalos; darlles a medicación; sacalos a pasear; adaptalos; socializalos; comprobar a idoneidade das persoas que queren adoptar e facer o seguimento de cada un deles.

Realizan un traballo de 365 días ao ano…e parte del é concienciar da importancia de coidar e tratar aos animais con respecto, por iso dan charlas en colexios; organizan reunións; acuden a actos e feiras, presentando e explicando o seu labor. Este domingo tes a oportunidade de coñecela en persoa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.