Galicia Vigo al minuto

A Xunta convoca oposicións para cubrir 331 prazas de emprego público

134 delas no ámbito de servizos

A Xunta de Galicia acaba de convocar oposicións para cubrir máis de 300 prazas de emprego público na Administración galega. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 9 procesos selectivos.

Acceso libre

Polo miúdo, convócanse 331 prazas, todas elas de acceso libre, e ás que poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos. O total de prazas convocadas distribúense do seguinte xeito: por un lado, 134 no ámbito dos servizos con 117 prazas na especialidade de limpeza e cociña, e 17 na escala técnica de mantemento de servizos.

No ámbito ambiental e dos recursos naturais e forestais convócanse 161 prazas: 96 postos na escala técnica de xestión ambiental, 42 na agrupación profesional para a especialidade de recursos naturais e forestais, 16 na escala auxiliar de recursos naturais e forestais para a especialidade de oficial, e 7 prazas na escala técnica de recursos naturais e forestais na especialidade de capataz.

Ademais, convócanse 15 prazas para a escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos; 12 prazas para a escala técnica de análise de laboratorio; e outras 9 para a escala técnica de delineantes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.