Comarcas Vigo al minuto

O nivel do Tea atópase en 1,89 metros, logo de chegar a 4,77 ao seu paso por Ponteareas

O Goberno local solicitará á Confederación Hidrográfica, a limpeza do seu canle

O nivel do Tea atópase en 1,89 metros, logo de chegar a 4,77 aos seu paso por Ponteareas

O Concello de Ponteareas solicitará á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a limpeza do canle do río Tea ao longo de todo o seu percorrido, para evitar que se repitan desbordamentos como o do pasado sábado. Daquela, entre as 8 da mañá e as 2 da tarde, o nivel do Tea superou o limiar de alerta que se establece nos 3,45 metros. O punto máximo produciuse ás 11 da mañá chegando aos 4,77 metros.

‘Domingos’

Debido ás choivas producidas pola borrasca ‘Domingos’ entre o pasado venres e o domingo, produciuse unha importante crecida no nivel da auga do río, que chegou a desbordar na Ponte Romana. Pese a que é un feito que conta con precedentes en épocas de chuvia intensa, o Concello considera primordial que o couce do Tea estea o
máis limpo e despexado posible
. O obxectivo é evitar que a corrente arrastre materiais naturais: paus, follas ou algas e mesmo lixo, que cheguen a atoar os ollos das pontes facilitando o seu desbordamento.

https://twitter.com/Vigoalminuto/status/1720761078110384417
Traballos as últimas semanas

De feito, e con esta necesidade en mente, apuntan dende o Concello, nas últimas semanas realizáronse traballos
de limpeza e mantemento, eliminando grande cantidade de alga invasora. Tamén se realizaron xornadas de limpeza con voluntarios. «Esta é unha labor en conxunto que deben realizar todos os concellos polos que discorre o Tea para evitar que os materiais que o río pode arrastrar desde os concellos previos polo que descorre cheguen no seu percorrido a Ponteareas».

Precisamente tendo en conta a previsión de aumento dos servizos de emerxencias, os Bombeiros sumaron dous efectivos a maiores na quenda de máis demanda para poder cubrir as necesidades de actuacións. Estas abrangueron, principalmente, a retirada de multitude de árbores caídas e cableado; un poste; un muro particular que por mor do vento e a chuvia derrubouse en Moreira, e o rescate dun home que se atopaba dentro do seu coche anegado.

1,89 metros

Segundo a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o Tea atopábase esta mañá cun nivel de 1,89 metros de altura o que se considera por debaixo limiar de activación, moi inferior ao de prealerta, estipulado en 2,80 metros, e lonxe dos 3,40 metros de nivel de alerta.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.