Deportes Vigo al minuto

Galicia no podio dos World Combat Games

Os e as representantes galegas acadaron medalla en cada actuación

Excelentes novas desde Riyadh (Arabia Saudí) para o taekwondo galego. As nosas e os nosos representantes volven a casa con medalla por actuación. O primeiro galardón foi para a parella de freestyle. Manu Paz e Bárbara Di Martino acadaron o bronce na final de parellas.

Os nosos competidores fixeron un programa espectacular, cheo de saltos imposibles e cun ritmo incrible. Así, lograron o bronce, sendo a única parella europea que logrou subir ao podio.

Ese mesmo día, houbo as semifinais individuais e Manu Paz e Celia García lograron o pase á final coa terceira mellor puntuación. Así, as previsións eran boas e tanto Manu como Celia non fixeron senón mellorar o xa visto. Na final renderon a un nivel excepcional. «As finais as bordaron, sendo os únicos europeos no podio, e este campionato está sendo unha magnífica proba para o Europeo de técnica», explicounos a directora de técnica da Federación Galega de Taekwondo, Noelia Pérez.

Estas medallas teñen moito mérito, xa que esta competición reúne ás e os mellores competidores do mundo e so se pode acudir por invitación da Federación Mundial. Desta forma, os nosos taekwondistas representaron a España grazas aos resultados acadados o pasado ano no  Mundial de Corea.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.