Comarcas Vigo al minuto

Covelo reclama ante a falta de subministro de bombonas de gas nas parroquias

O alcalde pide a intervención da Xunta pola «falta de seriedade da subministradora»

Covelo reclama ante a falta de subministro de bombonas de gas nas parroquias

Ata dous meses sen subministro de bombona de gas nalgunhas parroquias de Covelo, esta é a situación que viven algúns veciños e veciñas dende que comezou o presente ano 2023. Ante isto, o Concello informa de que «tentou acordar unha solución coa empresa subministradora, GASCÍES S.L. Vigo ao longo das diferentes chamadas e reclamacións enviadas».

Neste ano 2023 recibimos numerosas queixas dos veciños e veciñas de Covelo de tódalas parroquias referentes á falta da regularidade no subministro das bombonas de gas e propano nos seus domicilios, motivo polo que contactamos en varias ocasións coa empresa”, explica o alcalde, Pablo Castillo.

Contacto coa Consellería de Economía, Industria e Innovación

Sen obter mellora no servizo de reparto, que «durante meses deixa sen subministro a varios barrios, e a outros tantos asiste de xeito desorganizado e con retraso», o alcalde vén de trasladar á xefatura territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación o seu malestar ante a falta de seriedade da empresa subministradora.

Asi, no seu escrito, Pablo Castillo relata que a empresa advirte que deben trasladarse á gasolineira de Paraños para mercar a bombona ante a falta de persoal. “Unha resposta que non imos aceptar xa que non é compatible coas condicións sociodemográficas do noso concello con boa parte da veciñanza de idade avanzada e sen recursos para desprazarse que debe afrontar os custos de pagar un taxi para ir a gasolinera a mercar a bombona de gas”.

Recuperar o reparto

Deste xeito, o Goberno municipal solicita apoio e a intermediación da Consellería para resolver o problema e recuperar o reparto coa normalidade que se viña dando con anterioridade: cada semana nos lugares con máis poboación e cada quince días no resto dos lugares. Dende o Concello subliñan que a maioría dos fogares utilizan a bombona para as cociñas, para a auga quente e para sistemas de calefacción.

Ademais, engaden, «esta situación prexudica ao sector hostaleiro«, que tamén se ve na obriga de desprazarse a mercar as bombonas interrompindo así o seu traballo diario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.