Comarcas Vigo al minuto

O Porriño xa forma parte da Rede Europea de Ensinanza Superior

A Aula da UNED ten aberto o prazo de matrícula para Socioloxía e Traballo Social

A aula UNED do Porriño iniciou o curso académico 23-24 cun acto no que se presentaron os dous primeiros graos universitarios que se impartirán no municipio: Socioloxía e Traballo Social.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o director do Centro asociado da UNED en Pontevedra, Victor M. González, participaron do acto de apertura deste curso universitario que supón a inclusión do Porriño no maior campus de Europa.

Tal e como reivindicou González matricularse na UNED supón “estudar na universidade pública máis grande de España”, tanto en número de estudantes como en oferta académica, e formar parte “como xa o fai o Porriño, da Rede Europea de Ensinanza Superior”.  

O director da UNED Pontevedra destacou que contar un centro no concello “é un feito diferencial”, e que os novos grados reforzan tamén a “aposta social que foi a base da implantación desta aula no Porriño”.

Educación de calidade

No mesmo sentido se manifestou o alcalde, poñendo en valor o orgullo que supón para a implantación de estudos superiores regrados. “Podemos orgullecernos de contar con todas as modalidades educativas no Porriño. Sempre defendín que unha educación de calidade é un dos pilares básicos sobre os que construír o progreso social e económico dun pobo. A nosa veciñanza conta xa con oferta de Formación Profesional, tamén na súa modalidade Dual, que se teñen posicionado como estudos de primeiro nivel, pero non hai que esquecer que a universidade é un dos puntais do noso sistema. Con estes primeiros graos, porque estou seguro que serán moitos máis, completamos a oferta educativa”.

Por iso, o rexedor reafirmou o compromiso do Concello do Porriño “co mantemento e financiamento deste centro na nosa vila, xa que desenvolve un importante labor no eido cultural, social e empresarial” e puxo de novo en valor a oportunidade que supón para “as máis de 2.000 empresas porriñesas xa que, creando unha simbiose entre ambas entidades permitirase cualificar aos profesionais nas áreas que se demanden”.

Cabe destacar que o prazo de matricula dos graos segue aberto ata o 23 de outubro.  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.