Comarcas Vigo al minuto

PP e ACIP chegan a un acordo para crear un novo goberno local en Ponteareas

Respaldado por unha maioría de 12 concelleiros

PP e ACIP chegan a un acordo para crear un novo goberno local en Ponteareas

O Concello de Ponteareas terá unha nova configuración interna despois do acordo alcanzado entre a alcaldesa, Nava Castro, e o voceiro de Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACIP), Juan Carlos González. ACIP, que obtivo 4 concelleiros nas eleccións municipais do pasado 28 de maio, súmase así ao equipo de goberno dos populares que viñan exercendo en minoría, con 8 edís. Despois deste pacto, o novo goberno contará con 12 asentos no Pleno da Corporación, o que «aportará estabilidade institucional e unha ampla maioría absoluta», sinalan dende o Concello.

Nova negociación

Este achegamento entre o goberno local e ACIP é froito de distintas conversas e reunións de traballo durante as últimas datas. «Nava Castro sempre tendeu a man a que outras forzas se sumasen ao proxecto de futuro para Ponteareas, sendo precisamente ACIP o principal destinatario desa oferta, xa que a aritmética política confería a suma da maioría absoluta no pleno». Agora, superados os primeiros 100 días de mandato, Juan Carlos González e o resto do seu grupo pasan a formar parte do goberno municipal.

Dúas tenencias de Alcaldía e 3 asentos para ACIP na Xunta de Goberno

Ambos líderes asinaron un documento no que se establecen os detalles deste acordo. Os puntos máis salientables son que a alcaldía seguirá en mans de Nava Castro. Haberá 3 tenencias de Alcaldía, dúas delas para ACIP (1ª e 3ª) e unha máis para o PP (2ª). A Xunta de goberno local estará composta por 7 membros: 4 dos populares e 3 de Alternativa Ciudadana de Ponteareas.

En total, con esta reconfiguración do equipo de goberno, estableceranse 14 concellerías: 8 para os populares e 6 para os membros de ACIP. Tal e como se recolle no documento asinado, todas as concellarías contarán con autonomía de goberno e orzamento propio para poder exercer as correspondentes labores de goberno.

Así queda a nova organización municipal

Áreas dirixidas polo PP:

– Concellería de Medio Ambiente, Urbanismo, Axenda 2030, Emprendemento, Innovación e Desenvolvemento Empresarial

  • Benestar Social, Igualdade, Saúde, Consumo  e Colectivos LGTBIQ+
  • Comercio, Ensino e Letras nas aulas
  • Facenda, Réxime interior, Proximidade cidadá, Recursos Humanos, Modernización Tecnolóxica e Comunicación Institucional,
  • Residuos Sólidos Urbanos, e Limpeza Viaria
  • Xuventude e  Voluntariado
  • Desbroces, Parques e Xardíns

Áreas dirixidas por ACIP:

  • Vías e Obras (inclúe Iluminación e Cemiterios)
  • Mobilidade, Seguridade, Bombeiros e Protección Civil( inclúe Venda ambulante, Sancións, Autorizacións de eventos, Vados).-Infraestruturas Xerais, Saneamento e Augas (inclúe Obras).
  • Deportes
  • Turismo
  • Cultura (inclúe Eventos e Festas)
Dedicacións exclusivas

En canto ás dedicacións exclusivas, os termos do acordo recollen que o PP terá a Alcaldía, 3 adicacións completas e unha parcial; ACIP, unha dedicación completa e 3 parciais, puidendo ser unha delas para persoal de confianza.

Grandes proxectos

Dentro das negociacións para a conformación dun novo goberno municipal, as formacións promotoras do acordo consensuaron ata 20 grandes proxectos para o municipio. «Este paquete de medidas implicará, de xeito transversal, ás diferentes áreas do goberno e reportará melloras á cidadanía en áreas como infraestruturas, saneamento, parroquias, deportes, iluminación e emprego».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.