Comarcas Vigo al minuto

Redondela remata, antes das choivas, a limpeza das beiras dos treitos urbanos dos ríos

No Pexegueiro, Alvedosa, Maceiras e Fondón

Redondela remata a limpeza das beiras dos treitos urbanos dos ríos

O Concello de Redondela, a través dunha empresa especializada, desenvolveu os traballos de limpeza das beiras nos treitos urbanos dos ríos. As labores centráronse nas beiras do Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras. Tamén nos ríos Fondón e Maceiras da parroquia de Chapela.

Segundo indica a concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez, os traballos, realizáronse “cun estrito cumprimento de todas as normas de coidado medioambiental tanto da flora como da fauna, deixando zonas con vexetación para que todos os animais que viven nas ribeiras dos nosos ríos poidan críar e resguardarse”.

O Concello, sen competencias

Pola súa banda, a alcaldesa lembrou que o feito que se traballe nos treitos urbanos “responde a que o Concello carece de competencia fora desas marxes, que é única e exclusiva de Augas de Galicia”. De feito, engade Digna Rivas, “no 2017 o Tribunal Supremo estableceu que a competencia na conservación ordinaria dos treitos urbanos dos ríos é dos concellos e no 2019 a Xunta publicou unha instrución nese sentido e reservando a Augas de Galicia a limpeza nos treitos interurbanos, e delimitando as datas de desbroce dende o 16 de setembro ate o 15 de abril nos treitos urbanos”.

Augas de Galicia non comezou cos traballos de limpeza das zonas dos ríos que lle corresponden en Redondela, asegura a alcaldesa, “nin temos data de comezo dos memos”.

También te puede interesar