Comarcas Vigo al minuto

Vente aos ‘dourados anos 20’

Este sábado e o domingo nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario

Organizado polo GDR Condado Paradanta froito do convenio con Turismo de Galicia este sábado, día 14 (de 16:30 a 20:00h), e domingo día 15 (11:00 a 14:00h.), os xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario volverán os dourados anos vinte – do século pasado- e serán o escenario perfecto para emular os relaxantes e enriquecedores paseos das xentes daquela época.

Abertas ao público, o GDR Condado Paradanta organiza estas dúas actividades inmersivas nas que mergullarse na historia e mesmo trasladarse a outros tempos  póndose no papel de investigadores, produtores ou consumidores e espallar así o coñecemento dunha parte da súa historia.

Ven pasear a Balneario

Asi, sesenta veciñas e veciños de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas converteranse en actores e actrices para ambientar este espectáculo ao aire libre totalmente gratuíto e no que poden participar todos os públicos. Coordinados pola produtora experta en visitas teatralizadas, EscénaTe, farán dos xardíns o seu escenario.

Vestimenta; postos de pestiscos; terraza con bar organizada polo CIT (Centro de Iniciativas Turísticas de Mondariz Balneario); ambientación; música en directo co cuarteto de corda e diálogos rescatados da memoria protagonizarán este espectáculo ao aire libre que nos sorprenderá con interpretacións espóradicas ao longo de toda a xornada.

“Vida Social no Balneario de Mondariz en 1920” ofrecerá diversión pero tamén a oportunidade única de revivir tempos de glamour, de culto ao coñecemento e de goce das artes. As persoas participantes serán sorprendidas por un Ramón Cabanillas, unha Emilia Pardo Bazán ou un Enrique Peinador que pasearán polos xardíns e voltarán ao presente na pel da veciñanza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.