Destacados Vigo al minuto

O Concello propón que tratemos na casa os residuos orgánicos, mira como facelo

Mondas, froitas, cascas de ovo, pelo, herba ou restos de cafe

O Concello propón que tratemos na casa os residuos orgánicos, mira como facelo

Máis da metade dos residuos que diariamente se producen nos fogares, son restos de comidas, mondas de froitas, cascas de ovos…etc. Conscientes das posibilidades que ofrecen estes restos como abono orgánico, o Concello de Vigo e FCC (concesionaria dos servizos de recollida de residuos, limpeza urbana e limpeza de praias da cidade) inician unha campaña para fomentar o tratamento domiciliario de bioresiduos.

Caldeiros individuais

Deste xeito, poñen a disposición da cidadanía novos caldeiros individuais para os residuos orgánicos, que se poden colocar nas vivendas unifamiliares que dispoñan da horta ou xardín, xunto co o asesoramento técnico necesario.

Para tal fin, o Concello e FCC habilitaron o teléfono 900 859 660 no que se pode solicitar tanto o caldeiro como o asesoramento para crear abonos naturais.

Que restos son aproveitabeis?

Para o correcto emprego dos caldeiros, é importante que os restos sexan materia orgánica ben separada, é dicir, que non leven nin plásticos, nin papeis pintados, nin pilas eléctricas, nin outras substancias que puideren contaminar o fertilizante a producir.

Asi, entre os elementos que se poden aproveitar, destacan restos de comida; pousos do café; excrementos de animais (galiñas, coellos); restos de podas de árbores e arbustos (mellor triturados); flores; herba e restos de plantas; follas; restos de horta ou froita; algas; pelo (non tinxido); cinza de madeiras naturais; cunchas (mellor trituradas) ou restos de varrer.

O tratamento doméstico de residuos orgánicos é un proceso natural que, condicionado e axudado polas persoas, permite descompoñer os restos de materia orgánica, e convertelos nun fertilizante estable de calidade.

Te podría interesar