Comarcas Vigo al minuto

Aberto o prazo para novos Cursos de Formación en Covelo

Ata este martes, día 10

Ata o vindeiro día 10 de outubro estará aberto en Covelo o prazo de inscrición nos novos cursos do VII Plan de Formación. Co obxectivo de mellorar a formación das persoas e promover a súa inserción laboral, o Concello lanza a formación de carretilleiro, a de acompañante de transporte escolar e de comedor escolar e a de manipulador de alimentos.

Tres novos cursos

Que se desenvolverán íntegramente en Covelo para evitar os desprazamentos e facilitar a participación. Do 16 ao 18 de outubro e cunha duración de 15 horas desenvolverase o curso de operador/ de carretillas elevadoras. En horario de tarde de 15:30 a 20:30 horas impartiranse as clases teóricas no auditorio municipal. As clases prácticas ofreceránse no mesmo horario pero na contorna do punto limpo municipal. Este curso terá un prezo de 6€ para persoas empadroadas e 18€ para as non empadroadas.

Acompañante de transporte escolar e monitor de comedor

O curso de acompañante de transporte escolar e monitor/a de comedor terá unha duración de 30 horas. Cun horario de mañá de 9 a 14 horas celebrarase do 16 ao 23 de outubro na sala multiúsos do edificio de usos múltiples. O prezo para persoas empadroadas será de 12€ e para as non empadroadas de 36€.

Manipulador de alimentos

Por último, o 16 e o 17 de outubro impartirase o curso de manipulador/a de alimentos cunha duración de 10 horas en horario de mañá de 9 a 14 horas. As clases serán no auditorio municipal do Concello de Covelo e o custo de inscrición é de 6€ para empadroadas/os e 18€ para o resto.

Nos seis anos anteriores o Plan de Formación do Concello de Covelo contribuíu a mellorar o curriculum de  arredor de 500 persoas incrementándose, ano tras ano, o interese e a participación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.