Comarcas Vigo al minuto

‘Mulleres Extramuros’, vive este sábado a súa xornada máis especial nas Neves

Con actuacións musicais e percorrido pola parroquia de Vide

A parroquia de Vide, nas Neves, vivirá este sábado unha xornada especia coa participación de veciños e veciñas no peche do programa ‘Mulleres Extramuros’ da Deputación de Pontevedra, iniciado o pasado mes de marzo co obxectivo de mixturar a arte de vangarda e o mundo rural, baixo as claves de igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público.

Logo daquela toma de contacto, entre abril e maio, as artistas traballaron nas súas propostas, deseñando un proxecto específico de intervención. A continuación, na primeira quincena de xullo, tivo lugar o proceso de creación-residencia, co traslado das artistas á aldea para realizar o proxecto artístico, inspirado na propia parroquia, no que houbo unha convivencia constante e diaria coas artistas que plasmaron as súas ideas ao longo de Vide.

Mañá, Mulleres Extramuros despídese, dende as 16:30h. na Casa da Auga, cun programa de actividades que abrangue a actuación das Pandereteiras de Vide e do grupo As Lembranzas; un percorrido polos barrios; baile e brinde, para celebrar a arte que se fai en comunidade, «que escoita e recolle memoria, que transforma o territorio e que constrúe espazos de encontro para a cidadanía, poñendo en valor o noso rural», xunto coas artistas participantes: Cestola na Cachola, Lucia Loren, Iva Viana, Doa Oa Ocampo, Ana Soler Baena, Carme Nogueira & Javier FernandezesXabilin, Nuria Villa & Alberto Brandón

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.