Cultura Vigo al minuto

O grupo Numen abre no Centro Social de Beade a exposición ‘Again’

Estará ata o 2 de novembro en horario de 10 a 21h. de luns a domingo

O grupo Numen abre no Centro Social de Beade a exposición 'Again'

A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade (Ctra.Coutada, 2) ven de abrir ao público «AGAIN», unha mostra de arte centrada na pintura.  O grupo de mulleres artistas NUMEN (integrado por Tania Ulloa; Diana Cordero; Pilar G. Mourín e Sofía Vázquez), unidas pola amizade e a súa paixón pola pintura, presenta o seu traballo artístico cun enfoque feminista.

Ademais, varias destas artistas son mulleres polifacéticas: algunhas imparten talleres de arte, incluíndo pintura e debuxo, ademais de adicarse á escultura e á gravura. A súa versatilidade artística reflicte na súa obra e no seu compromiso coa promoción das artes e o seu forte vínculo, a súa natureza sociable e a súa dedicación permitíronlles manterse unidas durante varios anos, e están decididas a continuar colaborando e creando xuntas durante moitos máis.  

Así, subliñan dende a asociación, «a través das súas obras, destacan a importancia de dar visibilidade ás voces e perspectivas das mulleres, resaltando cómo historicamente foron subestimadas pola sociedade dominada por un sistema de xénero». 

Importante

A exposición estará aberta do 2 de outubro ao 2 de novembro, en horario de 10:00 a 21:00h. de luns a domingo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.