Sin sección

O Plan de Igualdade de Covelo axudará a 6 mulleres a obter o carné B, C e CAP

A inscrición estará aberta ata este luns, día 2 de outubro

O Plan de Igualdade de Covelo axudará a 6 mulleres a obter o carné B, C e CAP

O Concello de Covelo «reitera a súa aposta de apoio á inserción laboral das mulleres» e abre o prazo para preinscribirse no curso para a obtención dos carnés de conducir B, C e CAP.

No marco do III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres, ofertarase por primeira vez esta formación que abre o prazo para inscribirse ata o luns 2 de outubro e do que se poderán beneficiar as mulleres maiores de 29 anos empadroadas e que residan en Covelo con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2023.

Igualdade

Asi, logo de ter realizado un estudo comparativo entre mulleres e homes no municipio, o Concello pon en marcha distintas actuacións co fin de paliar as desigualdades existentes  e conseguir unha maior igualdade entre os sexos. Unha das accións é o curso do carné B, C e CAP que «abrirá unha nova vía laboral ás mulleres, fomentará a súa emancipación e liberdade de movementos e a posibilidade de mellorar o seu curriculum».

6 mulleres

Por iso, o Goberno local investirá 6.567€ nesta formación dirixida a 6 mulleres con 4 cursos de carné de conducir B e 2 cursos de carné de conducir C + CAP. “Esta iniciativa ao igual que o resto das accións recollidas no Plan de Igualdade perseguen un cambio de valores, fomentar  a eliminación dos roles e estereotipos sexistas e promover o principio de igualdade de oportunidades na formación, o emprego e na conciliación da vida laboral, persoal e familiar das mulleres e homes”, explica a concelleira María José Valiñas.

Para reducir os desprazamentos a parte teórica do carné B impartirase en Covelo. A concelleira adianta que na páxina web do Concello poderase obter toda a información así como nas oficinas municipais.

Continuar formándose

Pola súa banda, o alcalde, Pablo Castillo, anima a toda a cidadanía seguir formándose, “calquera idade é boa para seguir aprendendo, dende o Concello intentamos ofrecer unha formación continua a través dos convenios coa Universidade de Vigo e con distintas administracións públicas para beneficiar a nosa veciñanza de cursos cos que manterse actualizados e, sobre todo, manterse activos”.

Impartir unha formación especializada ás mulleres desempregadas da localidade, especialmente a aquelas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade social e que supoña facilitar o seu acceso ao mercado laboral son as premisas deste curso que se desenvolve en colaboración con outras administracións públicas como a Deputación de Pontevedra que o cofinancia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.