Cultura Vigo al minuto

O albergue do Berbés recibe ao seu peregrino 20.000

O 11% de todos os peregrinos que veñen a Galicia pasa por Vigo

O albergue do Berbés recibe ao seu peregrino 20.000

Kazuya Miyoshio (63), de Xapón, é o camiñante número 20.000 que se aloxa no Albergue de Peregrinos do Berbés. Hoxe recibiuno en Vigo a delegada da Xunta. Ana Ortiz apuntou que o establecemento está a bater este 2023 todos os rexistro e, xunto co director da Axencia de Turismo de Galicia, volorou como acertada a decisión de abrir o albergue no Casco Vello.

O edificio do albergue conta con seis plantas nunhas instalacións accesibles para dar resposta á demanda de aloxamento. A infraestrutura ten capacidade para unhas 90 persoas en 7 habitacións e dispón tamén de cociña, comedor, zona de ocio e aseos

Máis que 2022

Segundo informou a delegada, os datos do albergue ata setembro superan xa aos de 2022, cando o número de camiñantes que chegaron ao aloxamento foron de 7.950. “A afluencia de peregrinos, procedentes de 78 países, experimentou un aumento espectacular nos últimos meses e a ruta xacobea, única cun percorrido pola costa atlántica, supera todos os rexistros este mesmo ano, converténdose na que máis crece”, engadiu a delegada.

Camiño Portugués da Costa

No que vai de ano, o Camiño Portugués da Costa recibiu un total de 43.302 peregrinos (en todo o 2022 foron 30.646), mentres que no Camiño Portugués xa van 74.206 (foron 93.077 en 2022). A ruta que pasa por Vigo obtivo neste periodo o 11% do total de peregrinos en Galicia, o que significa catro puntos máis que en 2022 e sete máis que en 2021. Así, consolídase como a terceira ruta máis demandada tras o Camiño Francés e o Camiño Portugués, por diante dos itinearios Inglés, Norte e Primitivo.

O Camiño por Vigo, sin sinalizar

Ana Ortiz lamentou, unha vez máis, que Vigo siga sen sinalización oficial. Vigo segue sendo a única cidade de Europa que non ten o camiño sinalizado e por fortuna contamos coa axuda de comerciantes, taxistas e colectivos para difunfir o Xacobeo e guiar aos peregrinos”, argumentou.

You may also like